Publicado por : Adycto 6 de agosto de 2006

Un dos moitos problemas estructurais do noso país é a incapacidade mostrada polos nosos dirixentes para loitar contra a praga dos lumes forestais. Como cada ano por estas datas, comeza o pesadelo. Os datos desta fin de semana son impresionantes: 108 lumes iniciáronse o pasado venres en Galiza e dúas persoas morreron en Cotobade ao quedar atrapadas polas lapas dun deste lumes. Calcúlase que máis de 5.000 hectáreas poden terse queimado en dous días. O conselleiro de Medio Rural, Suárez Canal, afirma que "hai moitas mans negras que queren facer dano queimando" e os alcaldes peperos de Cercedo e Cangas (moi castigados polos lumes) que houbo"descoordinación" e "falta de medios" nas tarefas de extinción por parte da Xunta e que non poideron contactar coa Subdelegación de Goberno durante as emerxencias.
O triste é que a nosa terra segue queimándose e que as perdas que esto trae para o noso país son incalculables. Mentres, como en outras moitas cousas importantes, os nosos políticos seguen sen ser capaces de actuar de xeito profesional e de tratar de atallar este problema.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -