- Atrás »
- EN EUROPA EN GALEGO
Publicado por : Adycto
12 de xullo de 2006

Queda pendente o uso do galego, catalán e vasco por parte dos deputados europeos, aínda non permitido. Dende Galeuscat, o pacto de colaboración asinado por CIU, PNV e BNG, denúnciase a actitude en contra da proposta do Partido Popular Europeo. Ana Miranda, voceira do BNG no Parlamento Europeo, criticou esta actitude por parte do PP. Por outra parte, Miranda valorou o permiso de enviar escritos en galego coma un paso adiante no avance polos dereitos linguísticos e na consideración das linguas cooficiais aínda que a considera insuficiente, recordando que non se alcanzarán os obxectivos previstos até que se permitan as intervencións en éuscaro, catalán e galego.
Esta iniciativa tamén leva consigo a futura creación dunha ligazón dende a web do Parlamento a unha páxina na que se poderán atopar traducidos ás linguas cooficiais os actos lexislativos máis importantes.
Publicar un comentario