- Atrás »
- O PP EN CORUÑA
Hoxe hai actualidade abondo como para escribir catro ou cinco entradas en Xornalaberto pero, como a pereza é unha mala compañeira de viaxe e o tempo un ben moi preciado, de momento, voume centrar nunha nova recollida hoxe no xornal coruñés A Opinión na que se fai referencia a que máis dun centenar de afiliados ao PP nesta cidade pásanse ao partido independente de Corcoba. A "guerra" aberta no PP coruñés dende que Corcoba decidiu montar unha lista independente para as vindeiras municipais tralo nomeamento de Carlos Negreira como candidato popular á alcaldía acada, na xornada de hoxe, un novo status. ¿qué pasará no pp coruñés?. Só dous datos: Negreira empadroouse na cidade no pasado mes de febreiro e a marcha dos afiliados de onte supón a perda de máis do 20% da masa de afiliados do pp en Coruña. A pregunta é clara: Rueda, ¿qué fixo Corcoba para caer en tal desgracia?.
Máis dun centenar de afiliados do Partido Popular de A Coruña formalizaron onte a súa baixa no partido como protesta pola exclusión de Fernando Rodríguez Corcoba da lista electoral do PP coruñés para as eleccións municipais do vindeiro mes de maio e a designación de Carlos Negreira como candidato conservador á Alcaldía de A Coruña.
Ademais, os 115 afiliados do PP coruñés que onte presentaron a súa solicitude de baixa no Partido Popular solicitaron xa o seu ingreso como afiliados na formación política independente que Fernando Rodríguez Corcoba prepara para concurrir ás eleccións municipais do vindeiro ano.
A renuncia destes militantes supón a pérdida do 20% da militancia activa do PP coruñés, cuio censo oficial está "inflado" porque nel figuran afiliados xa mortos e outros que "levan tempo sen pagar as súas cuotas", según aseguraron onte algúns afiliados que ostentaron cargos orgánicos na executiva local deste partido e que pediron non ser identificados.
A escisión do PP local, que onte perdeu a unha quinta parte da súa afiliación en A Coruña, prodúcese trala decisión de Fernando Rodríguez Corcoba de solicitar a baixa no partido e do seu abandono do grupo municipal do PP xunto aos tamén concelleiros Jacobo Gantes e Marta Zapata.
Corcoba era, ata a súa renuncia como portavoz do grupo municipal, o político do Partido Popular máis coñecido polos coruñeses, cun grao de popularidade seis veces maior que o de Carlos Negreira, ao que a dirección provincial do PP coruñés designou como candidato sen ningún tipo de consulta ás bases do partido.
Carlos Negreira, que se empadroonou en A Coruña o pasado mes de febreiro, manifestou recentemente que consideraría como un fracaso personal e político obter uns resultados electorais peores que os conseguidos por Corcoba nas eleccións municipais de 2003. Unha enquisa realizada por personal da Universidad de A Coruña por encargo da Cadena SER pronostica, non obstante, un desplome electoral do Partido Popular nos comicios municipais do vindeiro ano.
Publicar un comentario