Publicado por : Adycto 2 de xuño de 2006


Vieiros viu a luz un 24 de febreiro de 1996, data que coincidía co aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e da primeira emisión da Radio Galega. O traballo de deseño e elaboración comezara contra a primavera de 1995, cando a internet galega se reducía aos primeiros experimentos da Universidade de Santiago e a media ducia de webs persoais.O novo espacio, que tomou o nome da desaparecida revista do Padroado da Cultura Galega en México, concibiuse nun primeiro momento coma un índice de recursos de interese para Galicia, inspirándose nos proxectos que se estaban a desenvolver nos Estados Unidos (só uns meses antes nacera o Yahoo!). Nacía así o primeiro directorio da rede galega, que axiña ampliaría os seus horizontes coa elaboración de contidos propios.

Hoxe en día, Vieiros é a principal referencia informativa da rede en galego. O seu despegue producíuse, de xeito espectacular, coa catátrofe do Prestiege, que triplicou o seu número de lectores diarios. Por estes e outros motivos-o principal que está moi ben- Xornalaberto inclúe, desde hoxe, un enlace a este importate medio de comunicación galego. Dade un volta pola súa páxina e desfrutádeo.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -