Publicado por : Adycto 5 de xuño de 2006

O 5 de xuño de 1981 a revista dos Centros para o Control e Prevención de Enfermedades de Estados Unidos (CDC) publicou os casos de cinco pacentes homosexuais con síntomas dunha patoloxía descoñecida ata esa data: a sida. Hoxe, 25 anos despois desta data, preto de 40 millóns de persoas están afectadas por esta enfermidade que, no primeiro mundo, é practicamente unha enfermidade crócina pero que, no resto do mundo, sigue sendo unha enfermidade mortal de necesidade. A postura das grandes compañías farmaceuticas, en contra dos medicamentos xenéricos contra esta enfermidade, fan que os máis desfavorecidos non teñan posibilidade de enfrentarse a esta plaga do século XX e, como vemos, tamén do XXI.


El mundo, na súa edición dixital, repasa nun documento especial a historia, as datas clave e o futuro desta epidemia, que afecta a 40 millónss de persoas no planeta. No enlace que sigue poderedes ver parte do especial realizado por este xornal no 25 aniversario desta enfermidade.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -