Publicado por : Adycto 1 de xuño de 2006

Cando hoxe me levantei e vin que Rocío Jurado morrera durante a madrugada dixen para min: ¡Vas jodido hoxe para facer unha entrada sobre sociedade no blog!. Sen embargo, tiña gardado un tema dende hai uns días que, en breve, estará en todos os medios de comunicación do mundo: Chega a fin do mundo.

Desde hai tempo, vense especulando coa data dos tres 6, que se cumpre nuns días: o 6 de xuño de 2006 (06-06-06). Todo comeza co suposto cumprimento da última das profecías de Fátima, anunciadas pola Virxe en 1917, aos pastorcil-llos Lucía, Francisco e Jacinta e coas profecías de Nostradamus, aló polo 1557. Polo tanto, amigos, preparádevos para o fin do mundo, que será o vindeiro martes. Facede todo o que teñades que facer e recordade que Xornalaberto os deu a información antes que ninguén. Por certo, os da película "A profecía", como podedes ver no reproductor que hai debaixo, non desaproveitaron a ocasión para promocionar a nova película da saga.




As aparicións da Virxe do Rosario (moi preto do pobo de Fátima, Portugal) produxéronse durante seis meses, entre o 13 de maio e o 13 de octubre dese ano.

As profecías recolléronse nun libro por Lucía, a única sobrevivinte dos tres pastorcil-llos. A primeira era unha visión do inferno, a segunda o anuncio dunha nova guerra (a Segunda Guerra Mundial) e a terceira é a que estaría por cumprirse, que fala acerca do cambio climático, da falla de fe dos homes, e das catástrofes naturais (todo moi de moda).

Este é un fragmento do texto que circula por internet como parte da terceira profecía de Fátima:

"Ve filla, di ao mundo o que pasará cando se aproxime a data do número da besta (06-06-06): pois os homes están sendo dirixidos polo demo, sembrando odio e venganzas por todas partes. Os homes fabrican armas mortais que poderán destruír ao mundo en minutos.

A metade da humanidade poderá ser horrorosamente destruída. Haberá conflictos entre órdes relixiosas. Deus permitirá que todos os fenómenos naturais como o fume, a saraiba, o frío, a agua, o lume, as inundacións, os terremotos, o tiempo inclemente, desastres terribles e os invernos extremadamente fríos como os destes tempos, acaben coa terra pouco a pouco. Haberá enfermedades sen cura, as persoas búrlanse dos santos e da Igrexa, haberá asesinatos sen control, a xente se matará ..."

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -