Publicado por : Adycto 26 de xuño de 2006


Entereime, durante esta fin de semana, de diversos movementos de pezas que se están a facer no pp de Lugo de cara ás próximas eleccións municipais e que, agora, os paso a relatar. Segundo contan as malas linguas, o presidente da Deputación Provincial de Lugo, o noso querido Cacharro, está movendo os fíos para presentar, xunto co señor R.A. (que agora está de moda dicir só as iniciais) unha candidatura "independente" para as próximas municipais na cidade da muralla.

Para darlle apariencia de independencia á candidatura, o sr. Cacharro e o señor R.A., están cubrindo de cartos á Federación de Asocicións de Veciños da cidade para que sexa esta organización a que presente á candidatura e, deste xeito, que ninguén os vencelle á lista. ¿Qué pensará o señor Barreiro de todos estes movementos do señor Cacharro?

Por certo, se alguén todavía se pregunta quén é R.A. debe saber que trátase dun home de 50 anos, vencellado dende hai moitos anos ao urbanismo na provincia de Lugo e tamén ao mundo do piragüismo. Se alguén necesita máis pistas tan só ten que pedilas.

One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    RA non pode ser outro que o Ramón Arias....un dos homes de confianza do querido Cacharro. Cacharro fora do PP¡¡

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -