- Atrás »
- PASANDO DE TELEFÓNICA
Publicado por : Adycto
3 de xullo de 2006
A miña prolongada ausencia da blogosfera (preto de 5 días) tivo como causa o cambio que fixen de compañía telefónica e que, por certo, vos recomendo a todos. Eu era un deses homes "azuis" que tiña todo con Telefónica: o fixo, internet e o móvil (movistar) e que estaba ata os collóns de que me putearan a gusto (cobrándome de máis nas facturas, facendo reclamacións, etc). Pot todo isto decidin, grazas a unha oferta que me fixo wanadoo e a outra que me fixo amena, cambiar de compañías. Agora, con todo xa instalado e operativo, podo decirvos que a atención que me deron tanto wanadoo como amena foi incrible, non tiven que pagar nada, conseguín unhas tarifas moito mellores, regaláronme dous teléfonos móviles de última xeneración, dúas maletas,...Ademais, eles ocupáronse de todo e me informaron puntualmente, fixeron todo o proceso en apenas 15 días e, incluso cando telefónica deixoume sen servizo, eles ofrecéronme unha conexión a internet vía teléfono gratis (aínda que coma é lóxico moi lenta). En resumo que, de momento, os recomendo a todos cambiar.
Publicar un comentario