Publicado por : Adycto 20 de xuño de 2006

Despois de varios días de ausencia obrigada pola necesidade de descanso, volvemos hoxe a poñer de novo en marcha Xornalaberto e, neste caso, cunha nova que aparecerá moito nos próximos meses: O Estatuto Galego. Non vou a entrar a valorar as distintas propostas dos partidos para a reforma do noso estatuto pero, o que si vou a facer, é falar sobre as opinións que se manteñan sobre o tema dende fora das formacións políticas.

Para empezar coa "sección", recollemos as declaracións realizadas polo fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Carlos Varela, nas que afirma que as modificacións que se fagan no estatuto deben garantir que xuíces, maxistrados e fiscais non teñan a obriga de coñecer o galego para o desenvolvemento da súa labor.Deste xeito, os cidadáns que se enfronten á Xustiza en galego estarán en inferioridade de condicións por utilizar o noso idioma, xa que, ao non estar obrigados os xuíces a coñecer a nosa lingua, haberá que utilizar traductores, coa conseguinte pérdida de capacidade de comprensión entre axustizados e xuíces.

Así, segundo indicou Carlos Varela na comisión da reforma do Estatuto, non existe un deber individualizado de coñecer o galego, salvo nos casos dos funcionarios que desempeñen un nivel de interlocución directo coa cidadanía, caso no que sí pode establecerse como «requisito de acceso á función pública», mentras que no resto sería un mérito. No caso de xuíces, maxistrados ou fiscais non pode establecerse como unha obrigación, «mentras esa obriga non se estableza na normativa interna propia xudicial, que é a Lei Orgánica do Poder Xudicial, e o Estatuto Orgánico do Ministerio Fscal no caso dos fiscais, que xa recolle no seu proxecto que o galego será un mérito preferente». Canto ao nomeamento do fiscal xefe do TSXG, o proxecto do estatuto do ministerio fiscal recolle que será o Goberno central, a proposta do fiscal xeral do Estado, quen o designe, polo que considera que a proposta do BNG de que sexa nomeado a proposta do Parlamento galego por maioría de dous tercios nos saliría adiante.

Todo isto paréceme lamentable. Os galegos temos que ter os mesmos dereitos independentemente do idioma que decidamos utilizar na nosa vida e, por tanto, TODOS os funcionarios que desenvolvan a súa labor na nosa Comunidade Autónoma (profesores, administración do estado, policías, xuíces, etc) deberían ter a obriga de coñecer o galego. ¿Son eu o radical ou son os outros?...Que alguén me responda.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -