- Atrás »
- ALGUNHAS VERDADES SOBRE A CEMENTEIRA DE COIRÓS
OSCURANTISMO
A historia da construcción dunha cementeira no polígono industrial da localidade coruñesa de Coirós comenzou, como outras moitas historias semellantes que ocorren en Galiza, co oscurantismo como protagonista. Así, segundo confirmaron fontes do BNG desta localidade, non hai ningunha Comisión de Goberno ou Pleno Municipal no que se abordara a construcción desta planta no polígono industrial da vila. Se ninguén se entera de nada, ninguén pode protestar-debeu pensar o alcalde-.
Este oscurantismo fixo que, cando os veciños se enteraron do que estaba a pasar, os prazos legais de reclamación ou de presentación de alegacións xa expiraran. Nese momento e, en vista das poucas opcións que lles quedaban, algúns veciños decidiron crear a Asociación de Afectados pola Cementeira de Coirós para, deste xeito, poder defenderse do que consideraban un atentado contra os seus dereitos por parte do goberno local.
Mentres a Asociación iniciaba unha campaña a nivel informativo sobre a construcción da cementeira e comezaba a preparar as primeiras asambleas e movilizacións (recollida de sinaturas, caravana de coches ata Betanzos, etc), a oposición no concello -unha única concelleira do BNG- escomenzaba a súa loita no plano político con iniciativas a tódolos niveis (local, comarcal e autonómico) que inclusive conseguiron levar o problema da cementeira ata o Parlamento de Galiza.
Pola súa banda, o goberno municipal apuraba todo o posible os procedementos conseguindo, nun breve plazo de tempo, tramitar a licencia necesaria para que a empresa interesada, Molienda de Clicker, poidese comezar as obras o antes posible.
CAMBIO DE GOBERNO
O cambio político rexistrado en Galiza tralas eleccións autonómicas de 2005 trouxo tamén consecuencias no conflicto da cementeira. Deste xeito, o novo responsable da Consellería de Medio Ambiente atendeu algunhas das alegacións realizadas polos veciños afectados e emitiu unha nova resolución que, en principio, parecía que serviría para que o goberno local se plantesaxe a posiblidade de paralizar as obras, xa que estas non cumplían cos requisitos esixidos na nova resolución da Consellería de Medio Ambiente.
Pola contra, as obras da cementeira aumentaron o seu ritmo de traballo ante a pasividade dun goberno local que rexeitaba, por esas datas, unha moción presentada polo BNG na que se pedía a paralización das mesmas.
VÍA XUDICIAL
En vista de que as vías políticas e sociais non daban os resultados esperados e as obras da cementeira continuaban, a Asociación de Afectados decidiu presentar, diante da Fiscalía, as alegacións que xa presentaran noutras instancias. A fiscalía, pola súa banda, presentounas diante do Xulgado de Betanzos que, nun histórico auto, decidiu paralizar as obras de construcción e imputar a varios cargos do goberno municipal-entre eles ao alcalde- como presuntos responsables dun delicto de prevaricación e desobediencia.
Na actualidade, as obras permanecen paralizadas e a Asociación de Afectados pola Cementeira de Coirós e o BNG desta localidade mostran a súa satisfacción por esta resolución xudicial. Así, fontes do Bloque de Coirós, manifestaban o seu “optimismo” ante a situación actual e comentaban que “no caso de que a obra continúe, será respectando unha serie de condicións que ata este momento non se cumplían” como as distancias mínimas da cementeira a núcleos de poboación, procedementos de limpeza, etc. Chega o momento de esperar a que a Xustiza actúe e tome unha decisión definitiva ao respecto xa que, como supoño, a empresa e o goberno municipal presentarán alegacións –como é natural- ao auto dictado polo Xulgado de Betanzos.
GUERRA DIALÉCTICA
Durante todo este proceso, o alcalde e a asociación de veciños veñen mantendo un enfrentamento dialéctico digno de mención. Así, mentres o alcalde fala de que a cementeira respecta o tratado de Kyoto (qué terá que ver esto con que contamine ou non), e que vai xenerar postos de traballo (fala de ata 40 directos) os afectados falan de que hai escolas infantís a menos de 2 quilómetros da cementeira e de que outras empresas poderían xenerar máis postos de traballo. Para que poidades facer unha retrospectiva desta guerra dialéctica, poño a vosa disposición algúns escritos feitos polo alcalde (a maioría auténticas xoias literarias), algúns dos boletíns editados pola plataforma veciñal durante este tempo, así como algún documento realizado polo BNG sobre este tema. Seguiremos informando sobre a situación da cementeira de Coirós.
Arquivos Adxuntos: (algúns tardan un chisco porque son pesados)
por fin en algún lado se puede ver una información clara sobre la cementeira de coirós. Enhorabuena al redactor de la misma.
Esto é só a "punta do iceberg".
Cabe preguntarse por qué se elixiu a un pequeno concello de 1650 habitantes para instalar unha industria que veu rexeitada doutros lugares?. Coirós ten unha poboación avellentada, e por riba o alcalde é o único médico do concello. Podedes imaxinar a interrelación entre unha cousa e outra
Evidentemente, o feito de que o alcalde sexa o único médico do concello debería ser ILEGAL. Iso si é unha INCOMPATIBILIDADE de cargos clara.
Non só é unha incompatibilidade de cargos, senón que é unha incompatibilidade de horarios, xa que na mesma franxa atende ás consultas e máis os asuntos da alcaldía.