- Atrás »
- A VIDA MODERNA
Publicado por : Adycto
8 de xuño de 2006
Estes días non puiden facer entradas en Xornalaberto porque había diversos problemas con "blogger". Xa solucionados, ofrézovos unha nova realmente curiosa. Trátase dunha familia de Portomouro que, no século XXI, todavía paga as súas contas en especias con tal de amolar, o máis posible, a Santa Madre Igrexa. Por certo, antes de seguir coa información vos conto que, en un par de días, Xornalaberto publicará unha nova na que se contarán moitas cousas sobre a construcción dunha cementeira no concello de Coirós. Estade atentos.
A familia Lamas, agricultores do Val do Dubra, levan anos pleiteando para conservar unha casa e unhas leiras que cultivan dende principios do século pasado. Sen embargo, as terras pertencen a unha organización benéfica vencellada ao Arzobispado de Santiago: a Fundación del Asilo San Castor y Santa Adelaida, que intenta recuperar as súas posesións.
En medio da batalla legal, os Lamas recibiron unha orden xudicial na que se lles comunicaba que debían abonarle aos seus "caseiros" a renda correspondente aos últimos cinco anos ou serían expulsados. Sen poder facer outra cousa que non fora pagar, decidiron botarlle imaxinación e facelo molestando todo o posible á outra parte: aos curas, como les chaman, xa que o administrador da fundación é un sacerdote.
"Nos pideron un número de conta e lles contestamos que no o ían a necesitar para nada", bromea María Jesús García, a avogada desta familia, que onte á tarde viaxaba diante do camión que transportaba a renda: catrocentos sacos con oito mil kilos de millo e 320 de fabas blancas, además dos 3,76 euros testimoniales. "Exactamente o que figura no contrato redactado en 1927", explica.
A avogada recoñece que cheegaron a pensar en descargar o camión na plaza do Obradoiro e avisar despois ao arzobispo para que os recollese, co ánimo de buscar o maior golpe de efecto posible. Sen embargo, botáronse atrás e se conformaron con levalo á sede da fundación, aínda que acompañados por todo canto periodista co que tiveron tempo de contactar.
"Querían cartos; en fin, xa se sabe como son os curas", aseguraba José Lamas, fillo dos agricultores que son titulares do contrato, unha pareja de octoxenarios, pero que siguen vivindo todavía nestas terras.
Esta familia de Portomouro reclama que se lle permita acceder á propiedade destos terreos e que a fundación sinale unha cantidade para que poidan compralos. Sen embargo, os donos non teñen intención de desfacerse delos
Publicar un comentario