- Atrás »
- MAREXADA NO PPDG POLO ESTATUTO
Nunha intervención parlamentaria de pouco máis dun carto de hora, o alcalde de Ferrol, Juan Juncal, aludíu 23 veces á Constitución, 22 a España e 19 ao verdadeiro motivo da súa comparecencia: o Estatuto de Autonomía.
"Co corazón na man»,como el mismo dixo, Juncal erigiuse onte como o home de Génova en Galiza. De feito, non so afirmou que, segundo a Carta Magna, España é a "única nación" existente, senon que acusou ao Goberno de Zapatero de promover «reinos de taifas» cunhas reformas estatutarias que, na súa opinión, non responden a unha «necesidade social».
As declaracións do alcalde foron acollidas con miradas huidizas polos propios deputados populares, mentres o portavoz do BNG, Carlos Aymerich, chegou a musitar, entre dentes, algo parecido ao himno electoral do PP.
Os ecos da sesión chegaron ao ouvido do presidente do PP galego, Alberto Núñez Feijoo, posto nun brete ao ser preguntado polas opinións de Juncal, unha persoa emerxente no PPdeG en tanto que xugou un papel clave na elección de Feijoo como líder rexional do partido, hai cinco meses.
Feijoo corroborou que o PPdeG está a favor dunha reforma do Estatuto «dentro da Constitución». É máis, matizou que si o alcalde ferrolán tiña manifestado o contrario, entón «non temos a mesma opinión».
Claro que Juncal, lonxe de retractarse, reiterouse no dito nunha nota. Todo un síntoma de que se recuperou «moi ben» do infarto sufrido, como lle recordou o socialista Francisco Cerviño.
Publicar un comentario