Publicado por : Adycto 22 de maio de 2006


Despois de varios días sen poder escribir nada no blog-debido basicamente a problemas co alcohol- retomo agora o pulso da actualidade cun dos temas máis divertidos destes últimos días: a "Operación Muralla". Con este novo caso de corrupción, do que xa se acreditou o pago de comisións ilegais a funcionarios da Deputación lucense para que determinadas empresas recibesen adxudicacións de proxectos, queda definitivamente inaugurada a carreira electoral para as municipais do vindeiro ano. Coma nos tempos de Felipe González o os Gal, o principal responsable deste organismo público, o señor Cacharro Pardo, non sabía nada de toda esta trama de corrupción que podería levar varios lustros funcionando. Unha vez máis incido na idea de que as Deputacións Provinciais son unhas institucións obsoletas e caciquís que tan só sirven para desaproveitar unha parte importante dos recursos de Galiza.

Antes de nada hai que dicir que, segundo as declaracións do fiscal xefe de Lugo, Jesús María Izaguirre, varios detenidos xa teñen aceptado que reciberon comisións e esta información figura na documentación intervenida. Ou sexa que de presuntos nada....corruptos é a palabra.
Para Izaguirre ésta é unha "trama" que puede levar operando desde ao menos 15 anos.

A partir de agora, axentes policiaiss da Udyco, especializados en asuntos económicos, e incluso inspectores da Axencia Tributaria terán que revisar toda esa documentación, entre a que se atopa a referida aos máis de 2.000 proxectos que unha das empresas supuestamente favorecida, Senén Prieto Ingeniería,realizou para a Deputación de Lugo.

Todos na Rúa

Os 9 detenidos que prestaron declaración ante o xuiz que instrúe o caso quedaron en liberdade con cargos, cinco deles tras abonar unha fianza de 18.000 euros por barba. Son o xefe do servicio de Vías e Obras desta institución provincial, Alberto Fernández Pereira; o que fora enxeñeiro xefe deste departamento, José Manuel Romay López, xubilado o ano pasado; el enxeñeiro desta firma, José Enrique Cacicedo Herrero, vencellado á consultoría Senén Prieto; o delineante da Deputación José Antonio Lázare Pérez e Amadeo García Díaz, que é o administrador doutra das empresas supostamente favorecida, Setramur, adicada ao abastecimento de sinais de tráfico e mobiliario urbán.

Os outros catro detidos, que quedaron en liberdade con cargos sen medidas cautelares, son as esposas de Fernández e Romay, Ángeles Prieto Díaz e Victoria Díaz Jiménez, respectivamente, máximas accionistas da consultoría; o administrador desta, Jesús Fernández, e unha empleada de Setramur.

Falta por deter un décimo implicado, Luis María Álvarez Prieto, vencellado á consultoría e que traballou para o concello de Lugo. Sobre este enxeñeiro afincado nas Islas Canarias pesa una orde de busca e captura.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -