Publicado por : Adycto 22 de maio de 2006


A palabra "oposicións" sempre me deu moi mal fario. A mesma verba xa esconde un significado que asusta a todo o que se enfrenta a elas: van na túa contra.Estes días chegoume un correo electrónico dun opositor que me anima a denunciar algunhas das cousas que envolven a vindeira convocatoria de oposición da Función Pública da Xunta de Galiza. A lectura do mesmo é esperpéntica. A Administración Galega gaña cartos a mans cheas coas oposicións e, ademais, non facilita a incorporación dos mozos aos postos máis elevados da escala. ¿É esta a política de loita contra o paro da nosa mocidade da nova Xunta de Galiza? ¿É esta a súa maneira de entender a igualdade de oportunidades?
>

En primeiro lugar, diremos que as oposicións só serán abertas para os grupos máis baixos das escala de funcionarios, namentres que nos grupos máis altos da escala só haberá opción de "coller" praza para aqueles que xa están dentro. Ademais, se só se pode entrar polos grupos máis baixos, adiviñade quen vai ter os soldos máis cutres de toda a administración. Por suposto, aos meus "amigos" xa os colocarei nun posto de libre designación (que para eso están) e así evitarei que cumpran a "condena" de ter que cobrar os soldos máis baixos.

Por outra banda, se cobro 22.89 eurazos+IPC a 12.016 pardillos e 18.73 eurazos+IPC a 12.251...¿canto gaño en cada exame? e se ademais, non fago descontos a parados e só a familias numerosas e minusválidos, ¿cánto máis podo gañar?. E se, aínda por riba, cobrara ( antes de facer os exames ) 15,92 eurazos (x cada categoría na que pretendas figurar ) a todos os anteriores gilipollas para poder estar nunha lista de contratación. ¿A cánto ascende xa a cantidade?.

Esta é unha demostración máis da falta de compromiso do noso actual goberno coas políticas de loita contra o desemprego da nosa mocidade e de igualdade oportunidades. O actual goberno "progresista" de Galiza non acepta que os parados galegos teñan descontos nas taxas que deben pagar para poder presentarse ás oposicións. Ademais, independentemente da súa capacitación, só lles deixa presentarse aos postos máis baixos e peor pagados do emprego público.

O realmente triste de todo esto é que eu consideraba que esta forma de dirixir a oferta de emprego público en Galiza era patrimonio do PP. A realizadade, como dín, supera en moito a ficción.

One Response so far.

  1. A.L.P dí:

    en outros sitios tamén hai corrupÇao

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -