Publicado por : Adycto 18 de maio de 2006

O PSC (Socialistas Cataláns) presentaron o seu lema para a campaña do referendum sobre o estatut, que terá lugar o vindeiro 18 de xuño, e a polémica non fixo máis que comezar. O lema da campaña, presentado polo secretario de organización do PSC, José Zaragoza, é "O PP usará o teu voto contra Cataluña".

A verdade é que paréceme un lema moi desafortunado, entre outras cousas, porque é unha mensaxe negativa e, se cadra, porque paréceme de pouca altura política. Non recordo ningún lema de campaña, de ningún partido, no que se fixera unha referencia tan directa hacia o adversario pólítoco e, a verdade, paréceme fora de toda lóxica e, como dicía antes, moi desafortunado.

As reaccións desde o PP non se fixeron esperar e a contundecia das mesmas tampouco. Así, o secretario xeral do PP, o meu querido Ángel Acebes, anunciou que o seu partido denunciará ante os tribunais a precampaña do PSC para o referéndum do Estatuto catalán e dixo que "convertir al PP, desde una propaganda intolerable y maliciosa, como un enemigo de Cataluña es realmente asqueroso".

O presidente do PP catalán, o tipo que lle deu trato de Deus a Collin Powell cando visitara España na "era Aznar", anunciou, pola súa parte que rompe "cualquier canal de comunicación" co PSC pola súa campaña sobre o Estatut, que, ao seu xuízo, "sobrepasa los límites de la decencia política". O PP estuda ademais unha batería de medidas legais, parlamentarias e de control audiovisual contra o PSC por esta campaña.

Por unha vez estou bastante de acordo co que dí o PP. A campaña do PSC paréceme fora de lugar.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -