- Atrás »
- O BIPARTITO NOMEA MÁIS DE 1.000 CARGOS DE XEITO "DIXITAL"
Publicado por : Adycto
29 de maio de 2006
O pasado domingo, a Voz de Galicia publicaba unha interesante nova baseada nun informe realizado polo sindicato CIG, segundo o cal, o goberno bipartito galego ten concedido 850 comisións de servizos e cuberto 270 postos de traballo polo sistema de libre designación. Deste xeito, os nomeamentos a dedo feitos polo Executivo rebasan o millar, segundo o citado informe.
Os autores do minucioso informe, e tamén os cidadáns en xeral, reclaman ao Goberno que cumpla o que prometera antes de acceder á Xunta e cambie as designacións a dedo por outros criterios máis «profesionais». O sindicalista Xan Carlos Ansia asegura que é comprensible que se elixa aos subdirectores e ás secretarias de altos cargos polo sistema de libre designación, o que daría lugar, en todo caso, a non máis de cen postos. As plazas restantes, ao seu xuizo-e ao meu- deberían concederse mediante un concurso no que contasen os anos de traballo ou a experiencia. Non comprendo a actitude dun Goberno que nas eleccións prometeu a loita contra o fenómeno da libre designación na Administración, e que agora fai estas cousas.
O Partido Popular, pola súa banda, asegurou, a través do seu candidato Alberto Núñez, que o compromiso de PSOE e BNG para diminuír o número de altos cargos resultou ser falso, e que por tanto teñen incumplido as súas promesas electorais. «En lugar de reducir postos, os incrementaron en cincoenta. E máis de mil persoas foron nomeadas a dedo», explicou Núñez Feijoo ao valorar a denuncia realizada dende a CIG.
Na súa opinión, o informe do sindicato nacionalista non ven sinón a confirmar as denuncias xa realizadas con anterioridade polo Partido Popular. «E digo eu que a CIG non será sospeitosa de ser unha organización do PP», matizou.
Por certo, non só o BNG prometeu esto. O texto que segue é parte do "Acordo sobre bases programáticas para a acción da Xunta de Galicia que asinan os grupos políticos PSdeG-PSOE e BNG", é dicir, do acordo de goberno ao que chegaron ambas formacións. "Promoverase a reforma da Lei da Función Pública e a redución dos postos de libre designación a queles de carácter claramente político ou de confianza. Establecerase dunha carreira xerencial pública para os postos directivos non políticos". Máis claro: auga.
Publicar un comentario