- Atrás »
- OS INFORMES DE BETANZOS
Publicado por : Adycto
29 de maio de 2006

Á polémica sumouse o outro día a Consellería de Política Territorial da Xunta de Galicia afirmando que este departamento non emitiu ningún informe desfavorable sobre os Estudos de Detalle das citadas Unidades de Execución en Betanzos e, polo tanto, non confirma ningún pelotazo urbanístico por parte do Concello, como asegura o Partido Popular brigantino.
Pois ben, se non emitiron ningún informe ¿qué é o documento que podedes consultar no blog? ¿por qué mente a Consellería?
Se segues leendo poderás ter acceso á nota de presa íntegra enviada pola Consellería e aos informes da mesma sobre esta parcela (que segundo eles non existen). Ver para creer.
Nota da Consellería de Política Territorial do pasado 23 de maio:
Política Territorial non emitiu ningún informe desfavorable sobre os estudos de detalle urbanísticos en Betanzos
A Consellería simplemente verifica que se axustan ao planeamento municipal
Santiago de Compostela, 23 de Maio de 2006.- A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes non emitiu ningún informe desfavorable sobre os Estudos de Detalle das Unidades de Execución UEI-22 e UEI-19 en Betanzos e, polo tanto, non confirma ningún pelotazo urbanístico por parte do Concello, como asegura o Partido Popular brigantino.
Estes Estudos de Detalle foron tramitados e aprobados polo Concello de conformidade co establecido na lexislación urbanística. Con posterioridade, e de acordo co establecido na lei, a Dirección Xeral de Urbanismo examinou ditos Estudos de Detalle, constatando a súa adecuación ao planeamento municipal.
Os concellos teñen a obriga de remitir a Política Territorial a aprobación definitiva dos seus instrumentos de ordenación para que a Consellería verifique que se axustan ao disposto na Lei de Ordenación Urbanística e de Protección do Medio Rural de Galicia (coñecida coma Lei do Solo). Polo tanto, a CPTOPT determina se os Estudos de Detalle se axustan ou non á normativa vixente, aínda que a aprobación dos mesmos é competencia dos propios Concellos. Tan só no caso de non cumprir coa lexislación, a Consellería requiriría a súa anulación.
Por outra parte, cómpre salientar que, tanto no caso de Betanzos coma no do resto dos concellos de Galicia, a Dirección Xeral de Urbanismo non analiza as circunstancias urbanísticas en función de quen ostenta a titularidade dos terreos. O único criterio que se aplica é o cumprimento da normativa vixente en materia urbanística.
Este é o informe que non existe:
Publicar un comentario