Publicado por : Adycto 22 de abril de 2006

Cando hai preto de dez meses, os eleitores galegos decidiron darlle o relevo a Don Manuel ao Frente da Xunta de Galicia, eu, e moitos coma min, sabiamos que non sería a última vez que escoitariamos ao político en activo máis vello de Europa (sí, non hai ningún maior en Rumanía, Rusia,...) dicindo tonterías. A verdade é que, na actualidade, preocúpanme bastante menos as chorradas do vello que cando era o presidente da Xunta pero, de tódolos xeitos, non poido deixar de comentalas, debe ser que estou enganchado a falar do ex-ministro de Franco.


Hai un par de días, o león de Vilalba, presentou o terceiro volume das súas memorias en Santiago de Compostela e, como non podía ser doutra forma, fixo un pequeno repaso do momento político actual, así como dos motivos polos que, según el, perdeu o sillón en San Caetano. A verdade é que non teñen desperdicio.

Para empezar, o agora senador vinculou o seu relevo na Xunta á decisión do Gobierno de Zapatero de crear a figura do embaixador en misión especial en Iberoamérica, cargo que ostenta o ex diputado galego Miguel Cortizo. A preguntas dos xornalistas, Fraga obxectou que esa «suposta embaixada» actúa na práctica como un «comisariado político» creado «contra o dereito internacional», unha opinión que no inclúe no seu libro, no que se centra no desastre do Prestige «hábilmente utilizado por expertos de la peor propaganda».

A verdade é que estas declaracións son tremendas. Claro, o que tiña que facer o goberno de Zapatero era deixar que o gabinete de Fraga seguise comprando votos nos países sudamericanos a 20 euros (esto non é un invento, eu coñezo xente a que se lle pagou esta cantidade por votar a Fraga), e manipulando a esta parte do electorado galego ao seu antoxo.

Ademais, segundo comenta o ex-presidente (como me gusta esta palabra), a manipulación informativa realizada durante a catátrofe do Prestige foi a principal responsable do seu revés eleitoral. Manda carallo¡¡¡. En todo caso, Don Manuel, a incapacidade do seu goberno (desaparecido) e de vostede mismo foi a que permitiu que un accidente moi grave diante das costas do noso país se convertise na maior catástrofe ecolóxica vivida por Galicia. Ademais, ten collóns que fale de propaganda e manipulación informativa. Lémbrolle, señor Fraga, que os medios de comunicación galegos, durante esta etapa, estaban "comprados" polos cartos do seu gabinete.

«Chamarlle voda é un falar»

En presencia da plana maior do PP galego e de numerosos ex conselleiros, Fraga reaccionou con sorna, durante a presentación das súas memorias, aos asuntos que Feijoo tivo que lidiar nas últimas semanas. Sobre a asistencia de altos cargos do partido á voda dun edil homosexual de Ourense, puntualizó que el non foi invitado. «Chamarlle voda é un falar», puntualizou con ironía. Tampouco entrou a valorar a petición de Cacharro dun congreso extraordinario do PP de Lugo: «Nun partido ten que haber problemas, senón non sería un partido político. Todos serán resoltos», confiou. Nada que dicir.


One Response so far.

  1. tiraboleiro dí:

    Este é un fillo de puta e vai a seguir sendo o mesmo fillo de puta unha vez que estea morto¡¡¡¡¡¡calará algún día?

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -