- Atrás »
- CASUALIDADES DA VIDA
Publicado por : Adycto
22 de abril de 2006
Di o diccionario que a casualidade é unha combinación de circunstancias que non se poden prever nin evitar. A foto que orixina este comentario, por tanto, non parece que sexa froito da casualidade.
O documento gráfico en cuestión, chegou a mín a través dun gran amigo de Marín que, máis ben, pensará que a orixe do mesmo debe ser a ironía, esa que o diccionario define como unha burla fina e desemulada. Sen ambargo, eu penso que os responsables do nome deste hospital son uns auténticos sátiros, entendendo este termo, como o de creadores dun escrito que ten por obxeto censurar ou poñer en ridículo a alguén ou a algo.
En resumo, que se en vez de chamalo Infanta Elena lle tiveran posto CEPACE, ou algo así, este blog tería unha entrada menos, e moita xente un momento de risas menos. Saúdos para a xente de Marín e de toda a Ría de Pontevedra.
Publicar un comentario