Publicado por : Adycto 22 de abril de 2006

A verdade é que non sei moi ben como interpretar as claves desta nova pero a realidade é que, 9 horas despois da constitución da Comisión Xestora que dirixirá o concello de Marbella ata as próximas eleccións municipais, o Partido Popular anunciou a renuncia do vocal de Economía e Facenda, Salvador Guerrero, tras trascender que é o avogado defensor dun dos ex concelleiros imputados na Operación Malaya, o caso de corrupción que levou á disolución da corporación marbellí. A dimisión será formalizada o vindeiro luns. Fontes do PP explicaron así a decisión: "Hemos creído que es lo mejor para que no haya el más mínimo resquicio para la duda".
Tal como dicía a verdade é que non sei moi ben como interpretalo, por unha banda paréceme ben que alguén dimita do seu cargo cando hai unha metedura de pata pero, por outra, se ía dimitir ás noves horas ¿por qué aceptou o cargo?. Se alguén me pode explicar isto....Entre outras cousas, supoño que Salvador non estaba disposto a soportar a presión mediática á que, o Grupo Prisa e Xornalaberto, íamos sometelo.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -