- Atrás »
- CORRUPCIÓN PARA TODOS
Publicado por : Adycto
21 de abril de 2006

Na entrada do blog podemos ver un artigo adicado ao alcalde de Ourense, o señor Cabezas, que, lonxe de collerlle medo ao ladrillo, segue adiante coa construcción da súa magnífica casa. Que bo partido lle sacan algúns aos cartiños que gañan co suor da súa frente. Así dá gusto.
No blog, faise referencia á "clase e elegancia" do alcalde Cabezas, dado a preciosa mansión que se está a construír. Tamén coméntase que "corre o rumor por Ourense" de que os traxes que leva o señor Cabezas "costan cada un 6.000€". Tamén, afirma este blog, hai que lembrar o Audi oficial que se gasta. Como isto é oficial, pódese dicir que é por medio de renting, non é en propiedade, por tanto, por 3 anos de renting, temos que pagar 11.900.000 pesetas. Claro, ten madeiras nobres, GPS, non sei cantos cabalos de potencia, coiro repuxado nos asentos, inhibidores electrónicos para seguridade, e non sei cantos trebellos máis. O noso alcalde merece iso e moito máis ou que vos credes.
A nova complétase cunha referencia a unha información publicada polo xornal "La Región", en setembro do pasado ano, sobre a construcción da casa do señor Cabezas. Non ten desperdicio. Visitade: http://ourenseblog.blogsome.com
O que eu vhe diga adycto, os do pp están enfermos pola pasta