Publicado por : Adycto 20 de abril de 2006

A verdade é que, desde este blog, non falamos nada do novo "escándalo nacional": MARBELLA. Ata o momento non quixen entrar no tema, pero xa era hora de falalo. ¿Qué terán feito os marbellís (ademais de votalos) para merecer tal cantidade de mangantes seguida?. A verdade é que os últimos alcaldes desta localidade andaluza son esperpénticos, como sacados dunha película de serie b. Para entendernos: Jesús Gil (que te pego leche, los ángeles de san rafael, ...), Julián Muñoz (o marido da Pantoja, de camareiro a alcalde,...), María Jesús Yagüe (liada co seu axente de seguridade, que cando a pillaron viña de facerse unha liposucción, ..), que máis se pode dicir. Xa superada a forte impresión de que, entre todos, roubaran máis de 2.400 millóns de euros, pouco me ía sorprender que algún tivera afección pola equitación e, algún outro, desconfianza na seguridade dos bancos.

Pero o escándalo non estaba completo. Tras a creación dunha comisión xestora que se ocupara do goberno do concello de Marbella ata as próximas elección locais, todo parecía máis ou menos arranxado. ¡Parvos de nos!. Resulta que, o avogado proposto polo PP para dirixir Facenda en Marbella representa a un dos imputados no caso de corrupción. ¡¡¡Acojonante!!!

Pois si, Salvador Guerrero, o avogado proposto polo PP para xestionar o área de Facenda na comisión que dirixirá Marbella ata as próximas eleccións municipais, é o defensor dun dos imputados na trama de corrupción destapada na ciudade. Según informou, como no, a cadena SER, Guerrero representa a José Jaén, ex concelleiro de Cultura da localidade, imputado na trama descuberta o pasado mes pola Operación Malaya. Guerrero afirmou que deixará o seu novo cargo se existe incompatibilidade con esta actividade (ti tranquilo que non hai fallo,¿por qué vai a ser incompatible?).

Guerrero recoñece que non "buscou este posto", senón que o buscaron a el. Por esta razón, asegurou que non pensa "cambiar de amistades, de forma de vida, de clientes ni de despacho". "Si es tan incompatible que tengo que dejar algo, dejaré esto", en alusión á xestora.

O Partido Popular saleu hoxe en defensa do avogado elexido para dirixir o área de Facenda, sinalando o seu "prestigio totalmente reconocido". Por esta razón, Ángeles Muñoz, dirixente local do PP en Marbella,non cree que haxa ningunha incompatibilidade pois, o despacho de Guerrero "tiene 20 o 25 abogados trabajando y, a partir de ahí, los abogados se suelen dedicar a representar a personas para defenderlas".

4 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    Todo o que levan feito no concello de Marbella era para metelos a todos no cárcere e que non saísen en moitos anos; ademais de incautarlleles todo canto patrimonio tiveran, elemento xurídico este bastante complicado de levar a bo porto nun estado de dereito, (recorda o caso Roldán, non apareceu un peso; o caso Mario Conde: segue a vivir con grandes medios; o caso Mariano Rubio, igual; ou algún caso na nosa terra: os narcos que seguen coa súa inmensa fortuna); penso que é un tributo que hai que pagar por pertencer a un estado de dereito, no que afortunadamente estamos; son as regras do xogo: se hai probas e te pillan quédaste sen un can, pero sempre con probas que é a grandeza do estado de dereito.
    Verás hai que tomar as cousas con reservas e ter sempre presente que hai moita parafernalia nesto dos grandes servicios policiais e xurídicos. Dígoche todo isto dende a miña experiencia de 26 anos no mundo xurídico, relacionado co mundo policial, pois hai unha autentica tolemia dende as Forzas de Seguridades, é por suposto, dende os políticos que son quen as mandan, en darlle aos asuntos que levan ou investigan en lanzalos ao mundo das comunicacións e canto máis espectacular sexa mellor.
    Xa non é a primeira vez que saen a toda plana novas nos medios de comunicación do máis espectaculares durante algún tempo e despois ninguén segue no que remataron: nun absoluto fracaso nos tribunais de xustiza ao ser xulgados.
    Pensa só nun caso na nosa terra: as bombas de Vigo de hai uns tres anos no que morreron dúas persoas e quedaron feridas outras dúas. Espectacular detención, brillante servicio policial, primeiros planos nos xornais, e o final un pobre diaño que botou máis dun ano no cárcere acusado diso e nada, non había consistencia xurídica, probas nin fundamento, é de momento sobreseído o caso e arquivado ata que apareza o verdadeiro culpable. A parafernalia toda no seu intre non houbo quen lla sacara os brillantes mandos policiais que levaron a investigación, que en realidade e o primeiro que buscan, e despois nada. Fíxate no Xefe da Policía en Galicia, sae máis nos xornais e na televisión que o Jesulín de Ubrique; o que importa e iso, o demais e secundario (por certo a carreira que leva feito na policía sen ter feito unha detención como policía na súa vida, xa ves, é espectacular).
    Lin nalgún xornal, non sei se dixital ou en papel, que o tal Roca dixera que o Miró que estaba no baño era unha imitación, e que a maioría das obras tamén o eran. Se resultara certo isto, ao final sería o de menos, mais as fotos do cadro no lavabo saíron a todo farrapo en tódolos sitios contribuíndo o que se procuraba: a espectacularidade e o impacto.
    En Marbella a quen había que meter no cárcere, aparte de a todo o concello, era a moitos marbellies, pero isto é a natureza humana e non hai quen a cambie.
    Mira en www.ourenseblog.blogsome.com, é un blog que están a facer sobre as caralladas en Ourense, aínda que está empezando e non levan posto moito.

  2. Anónimo dí:

    Carqueixa, totalmente de acordo co que dis. O problema é que casos tan esperpénticos como o de Vigo (que foi acojonante) repítense dun xeito bastante habitual. Os medios de comunicación xulgan e condenan a moita xente, aínda que non considero que eles sexan a raíz deste problema.

    Por certo, non puiden entrar no blog que me comentaches para poder ver algunha "cousiña" das que pasan en Ourense

  3. Anónimo dí:

    o enderezo é: http://ourenseblog.blogsome.com

  4. Anónimo dí:

    gracias carqueixa, é unha gran nova a de cabezas, metereina en xornalaberto coa correspondente menció á orixe da mesma.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -