Publicado por : Adycto 19 de abril de 2006


Esta vai se unha das poucas veces que vexades no blog algunha nova que teña que ver co eido da programación televisiva pero, a verdade, coido que a tropelía que cada ano ven cometendo TVE cos seguidores da serie norteamericana "Urgencias", acadou, esta pasada semana, o nivel de insulto.

Como ven sendo habitual, TVE volta a cometer un dos seus típicos atropelos. Lástima que sempre sexa ER a sacrificada, tendo en conta que é considerada por moitos a mellor serie de televisión que existe. Xa tiñamos suficente co horario de emision, aínda que para algo se inventou o video, pero contra esto non se pode facer nada (bueno, pódese protestar). Xa que a maltratan desta forma, ao igual que fan con outros programas, polo menos podían pasala á 2 e non cancelala en mitade da la undécima tempada. Que pouca clase. E enriba na televisión estatal.

De tódolos xeitos, coido que a protesta é algo que pode mudalas cousas e, por tanto, pídolle a tódolos seguidores de ER que aproveiten o link que deixo máis abaixo e envíen a súa protesta á "Televisión de Todos". Queixádevos que ó mellor acadamos algo. Este é o link: consultas@rtve.es. Se o link nos vos vai, escribide dende o voso correo a esa dirección de correo e protestade.

3 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    É unha vergoña, eu xa fixen uso do link que puxeches....que se jodan

  2. beriramar dí:

    Por certo, ¿onde está o post que tiñas colgado de macgyver en euskadi? era boísimo

  3. Adycto dí:

    O post de macgyver en Euskadi está, dentro dos arquivos do mes de março 2006. Unha aperta

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -