Publicado por : Adycto 11 de abril de 2006


O voto da emigración, contabilizado durante a mañá do día 11, produxo un cambio no resultado das eleccións italianas celebradas durante os pasados días 9 e 10 deste mes. Os resultados facilitados pola páxina web do Ministerio do Interior italiano a pasada noite mudaron durante esta mañá co reconto do voto emigrante.Deste xeito, a Camera dei Deputati quedou en mans de Prod (aínda que por só 25.000 votos) e o Senato tamén.





Os resultados destas eleccións analízanse tendo en conta que os italianos estrean lei electoral. En teoría, esta lei debe simplifica-la votación e favorece-la formación de maiorías sólidas ao voltar ao sistema proporcional. A coalición que logre máis votos obterá un mínimo de 340 escanos no Congreso (o 54% dos 630 deputados) e con 170 asentos no Senado (sobre 315). Pero no primeiro caso concédese a maioría contando os votos a nivel nacional, mentras que na Cámara Alta o reconto é rexional, o que puede facer que o resultado varíe. De darse dúas maiorías opostas, como case estivo a piques de suceder, o país podería devenir en ingobernable ao ter que aprobarse as leis en ambas cámaras.



Unha participación do 83,6%

Os colexios han abriron o luns de 7.00 a 15.00, despois de permanecer en funcionamento toda a xornada do domingo, de 8.00 a 22.00. O Ministerio do Interior comunicou, catro horas despois do peche das urnas, que a participación fora do 83,6% en ambas cámaras.

Dos 50 millóns de italianos chamados ás urnas, o domingo acudiron o 66,5% a votar. Ao final, as cifras desinfláronse un pouco fronte ao 85% que se preveía, pero se ten superado en dous puntos a cifra dos comicios de 2001, cando foi do 81,4%. En calquera caso, o voto é obligatorio en Italia desde os anos 80, polo que a abstención soe ser baixa.


One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    Es bien triste, con todo el respeto que le tengo a este blog, que para informarme de las elecciones en Italia a tiempo, más o menos real, tenga que acudir a la blogosfera porque los grnades medios (por no citar ya los gallegos) no siguiesen esta noticia como se merecía. Sigue así, me gusta tu trabajo.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -