- Atrás »
- EMPATE NAS ELECCIÓNS EN ITALIA QUE DEIXA AO PAÍS NUNHA DIFÍCIL SITUACIÓN
Publicado por : Adycto
10 de abril de 2006

Os resultados destas eleccións analízanse tendo en conta que os italianos estrean lei electoral. En teoría, esta lei debe simplifica-la votación e favorece-la formación de maiorías sólidas ao voltar ao sistema proporcional. A coalición que logre máis votos obterá un mínimo de 340 escanos no Congreso (o 54% dos 630 deputados) e con 170 asentos no Senado (sobre 315). Pero no primeiro caso concédese a maioría contando os votos a nivel nacional, mentras que na Cámara Alta o reconto é rexional, o que puede facer que o resultado varíe. De darse dúas maiorías opostas, como foi o caso, o país podería devenir en ingobernable ao ter que aprobarse as leis en ambas cámaras.
Unha participación do 83,6%
Os colexios han abriron o luns de 7.00 a 15.00, despois de permanecer en funcionamento toda a xornada do domingo, de 8.00 a 22.00. O Ministerio do Interior comunicou, catro horas despois do peche das urnas, que a participación fora do 83,6% en ambas cámaras.
Dos 50 millóns de italianos chamados ás urnas, o domingo acudiron o 66,5% a votar. Ao final, as cifras desinfláronse un pouco fronte ao 85% que se preveía, pero se ten superado en dous puntos a cifra dos comicios de 2001, cando foi do 81,4%. En calquera caso, o voto é obligatorio en Italia desde os anos 80, polo que a abstención soe ser baixa.
Publicar un comentario