- Atrás »
- I CONCURSO FOTOGRÁFICO XORNALABERTO
Publicado por : Adycto
18 de abril de 2006
I Concurso "PINTANDO E PROTESTANDO" en Xornalaberto
Pensando en como mellorar o movemento do blog tiven unha idea: Facer un concurso de fotografía. Despois de moito pensar e, tras descartar temas tan interesantes como o feísmo urbanísitco en Galicia, decanteime por un tema que sempre me impresionou: as pintadas. Deste xeito, a temática deste I Concurso de Fotografía Xornalaberto, serán as pintadas que poblan as fachadas, os retretes, os colexios,...de Galicia.
O xurado (que básicamente serei eu e dous amigos fotógrafos, por aquelo de darlle seriedade) valorará, ante todo, a orixinalidade da mensaxe e a súa calidade. As fotos enviadas serán colgadas inmediatamente no blog. Podedes enviar as fotos ao meu correo: celtat@ole.com. As fotos poderán enviarse asinadas con un nick ou cun nome real do autor, especificando o lugar onde fora tomada a foto e, por suposto, un título suxerente. Adiante¡¡
Pois eu xa che mandarei algunha porque coñezo un sitio onde hai unhas pintadas caralludas
Poden ser de calquera tamaño?....Mellor, supoño que de tamaño medio
Todolos tamaños son bos....como vos queirades
Todolos tamaños son bos....como vos queirades