Publicado por : Adycto 2 de febreiro de 2006

Nestes días teño recibido varios correos sobre o tema que ocupou o blog estes días. Con un deles, en concreto, estou totalmente de acordo e por iso, en deferencia ao seu creador, o traslado a este noso rincón de liberdade e tolerancia.
¿E agora qué?. Agora, a pregunta non é tanto qué facer con Hamas, senón qué quere Hamas coa súa victoria. ¿ acomodaranse os islamistas a unha cohabitación – sen precedentes en todo o mundo árabe- co presidente Mamad Abbs, líder de Al Fatah e elixido hai so un ano co 62,5% dos votos, ou tratarán de forzar a súa renuncia?. Se a resposta é a primeira, ¿baixo o control de quén van quedar os incontables corpos de seguridade da ANP, reclutados dende 1994 con criterios de lealtade partidista e usados antaño para reprimir a Hamas?. Tendo asumido o poder institucional e, eventualmente, a dirección das policías palestinas, ¿manterá en pé Hamas ao seu exército privado, as Brigadas Ezedín al Kassam, ou o integrará nas forzas armadas regulares do proto-estado palestino para moldearlas ideolóxicamente á súa feitura?.

Ademáis, este triunfo de Hamás constitúe un viraxe fundamental na traxedia palestino-israelí. Non van alterar os aspectos esenciais do problema, que segue a estar dominado, sobre todo, pola negativa de Israel a recoñecer o dereito á independencia do pobo palestino. Pero a chegada de Hamas, probablemente, servirá para dar máis credibilidade á postura do Goberno israelí, que esixirá a rendición total dos islamistas. Cousa que, por suposto, non vai a producirse. A pregunta que se fai todo o mundo, dende George W. Bus ata as autoridades europeas, é si Hamas vai deixar as armas para negociar. Unha pregunta que, aínda que é lexítima, non está exenta de certa ambigüedade. Os palestinos pensan que debería facérselle tamén a Israel.

LOITA ARMADA

¿Vai a terminar a colonización, os asesinatos dirixidos, a humillación cotidiana á que se somete aos traballadores palestinos?. Por todo iso é pouco previsible que Hamas acepte, como fixo Al Fatah, ser dominado militarmente sen recibir ningunha compensación política a cambio.A súa victoria parece, ante todo, un castigo do pobo palestino á estratexia de sumisión practicada pola OLP baixo os auspicios de estadounidenses e israelíes.

O máis probable é que Hamas non renuncie á loita armada ata que Israel non renuncie a súa loita, igualmente armada, contra os dereitos do pobo palestino. É difícil que os islamistas fagan as mesmas concesións que Al Fatah: perderían calquera lexitimidade. Hamas so pode aceptar a negociación se existe un recoñecemento mutuo. E tampouco vai a tentar destruir por completo AlFatah, preferirá domiñalo para servirse del en futuras negociacións.

En realidade, do que se trata non é de saber qué facer con Hamas, senón preguntarse: ¿Que debe facer a comunidade internacional ante a traxedia palestino-israelí?. A resposta a sabemos dende fai tempo;"impoñer a paz”. É urxente a convocatoria dunha Conferencia internacional á que asistan os membros do Consello de Seguridade da ONU, as potencias árabes belixerantes con Israel, os palestinos e os israelíes, para propoñer un plan de paz baseado nas resolucións pertinentes da ONU. A Unión Europea ten que poder encargarse desta tarefa. Mentres a comunidade internacional se negue a actuar neste sentido, Estados Unidos, Israel e os islamistas seguirán utilizando este territorio e estos pobos como chivos expiatorios e víctimas dos seus intereses. A victoria de Hamas ten sido democrática e é preciso respectala. Tal vez é o detonante que faltaba para que o mundo dese conta de que é preciso actuar con rapidez en Oriente Próximo.

Finalmente, a miña reflexión é ¿cara onde ímos con acción–represión? Esa é a liña que fai feliz a Bin Laden e AL Qaeda ou ¿é que fai máis feliz a George W. Bush, Cheney, Rice, Blair and Aznar?.O lamentable e triste da humanidade é que en Oriente Próximo hai moitos intereses para os poderosos. E paparán coma sempre coa morte, miseria, humillación e destrucción os pobres palestinos. Ou, ¿é que a xustiza de Ala e Yave é así?. Eu non sei nada.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -