Publicado por : Adycto 10 de xaneiro de 2006



Ariel Sharon, que con 77 anos de idade debátese entre a vida e a morte en mans dos médicos, é o responsable directo da morte de miles de civís ao longo da súa vida. Ademáis, este persoeiro que parece que nos deixa, ten sido responsable, xunto con outras moitas persoas, da situación de constate inestabilidade e tensión que se vive en Oriente Medio, e que causa cada día unha importante perda de vidas humáns.


A vida do “falcón” israelí está chea de sombras e, cos breves apuntes biográficos que seguen, imos tratar de clarificar algunhas.

En xuño de 1982 Israel invadíu Líbano utilizando como excusa a tentativa de asesinato do seu embaixador en Londres dous días antes. En realidade, a invasión do Líbano (bautizada Paz para Galilea) fora preparada con moita antelación polo goberno israelí, que inicialmente tiña previsto penetrar e ocupar unha franxa de 40 kilómetros, co fin de desaloxar á resistencia libanesa e palestina da fronteira norte de Israel. Esta agresión dirixiuna o entón ministro de Defensa Ariel Sharon, quen decidíu proseguir o seu avance ata a capital do país, Beirut, ciudad á que somete a un cruel asedio que provovou 18.000 mortos e 30.000 feridos, na súa maioría civís indefensos.

Anteriormente, o noso querido falcón xa probara o que era matar civís. En 1953, como xefe de comandos da “Unidade 101”, foi o responsable do asesinato de 69 civís palestinos en Oibya (Jordania). A “redada” foi en represalia por un ataque da guerrilla palestina.

Hai cinco anos, Sendo o xefe da oposición parlamentaria, presentouse nun área da Explanada das Mezquitas, en Jerusalén, (lugar sagrado do Islam), unha ofensa que provocou o estourido, en septembro de 2000, da Intifada de Al Aqsa.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -