Publicado por : Adycto 9 de xaneiro de 2006



Esta mañá, nunha entrevista na cadena SER, o ministro de Defensa, José Bono, reiterou que o caso Mena é unha "indisciplina puntual" xa correxida. Bono asegurou que "un grano no hace granero" e confirmou que o asunto é un feito illado no Exército.


O Goberno considera un "caso illado" nas Forzas Armadas o "pronunciamento" do tenente xeneral José Mena Aguado, con motivo da Pascua Militar, na que aludíu a uhna posible intervención do Exército no caso de que a reforma do Estatuto de Cataluña rebase os límites da Constitución. Fontes do Executivo aseguraron, tras un sondeo nas Forzas Armadas, que "no habrá un goteo de pronunciamientos" tras o do tenente xeneral, e "dan por cerrado el caso". "No hay un problema militar. Lo que ha habido ha sido un problema de disciplina militar", afirmaron.

Esta pequena entradilla serve de resumo para coñecer os últimos acontecementos relacionados co Pronunciamento do tenente xeneral Mena. E leíchedes ben: Pronunciamento. Segundo a Real Academia Española da Lingua un pronunciamento é un "alzamento militar contra o Goberno, promovido por un xefe do Exército u outro caudillo", entendendo alzamento por "rebelión". Parece claro entón que a mellor forma de describir a acción de José Mena Aguado é esta: pronunciamento.

Unha vez aclarado este punto, pasemos a analizar as declaracións realizadas na xornada de hoxe polo ministro de Defensa na cadena "Amiga" do goberno, e polas referencias feitas sobre este particular na edición de hoxe do xornal El Pais (que me gustaría que puxera dunha vez o acento ortográfico na "i"). En ambolosdous casos fálase de "caso illado". Paréceme realmente simplista e carente de sentido falar nestos termos sobre o feito acaecido, xa que, se este home dixo isto no discurso da Pascua Militar en Sevilla, que non dirán os diversos corpos de oficiais do Exército nas súas "ceas de empresa" entre whisky e whisky.

Falar de caso pechado e de feito illado paréceme un dobre erro. Por un lado, porque se lle está a restar importancia a un feito que pode ser calquera cousa menos irrelevante (estamos a falar do número dous do Exército de Terra do Estado) e, por outro lado, porque, queramos ou non, reflexa a actitude dunha boa parte dos Forzos e Corpos de Seguridade do Estado, que parece que non van a quedarse parados ante as decisións que un goberno, democraticamente elexido pola cidadanía, poda chegar a tomar no exercicio das súas responsabilidades políticas.

Xa para rematar quero dicir, en contra da opinión maioritaria, que as medidas adoptadas polo Goberno (arresto e destitución) parécenme escasas. Este home debería recibir un castigo exemplar que incluíse a súa saída do Exército con deshonra, xa que, o seu comportamento, así o esixe. As palabras deste home non son fruto dun "calentón" ou dunha charla informal, son palabras dun discurso feito en representación do seu cargo e nun acto público e, ademáis, non é a primeira vez que o fai. Se alguén ten algunha dúbida sobre este punto, que revise as informacións publicadas o pasado ano por estas datas, no discurso feito por este mesmo home na Pascua Militar do ano 2004.

Seguiremos atentos ao caso.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -