Amosando publicacións coa etiqueta Curiosidades b>. Amosar todas as publicacións
OS BEE GEES E OS INFARTOS
Feliz comezo de ano para todos. Levaba xa unhas semáns sen escribir nada pero e que, con estas datas polo medio, é dificil organizarse. Xa estou de volta no choio (son dos que aínda ten o privilexio de traballar en España) así que prometo voltar a actividade normal en Xornal Aberto. Para empezar este 2012 nada mellor que un video de Youtube. Neste caso o campaña publicitaria que a British Heart Foundation puxo en marcha hai uns días. De prota o Vinie Jones (ex-futbolista salvaxe e actor en pelis como Snatch)....e de banda sonora os Bee Gees. Non ten desperdicio.
SEIS ANOS NON SON NADA...
Ás veces o calendario, como a propia vida, sorpréndete. Onte estaba a revisar algúns aspectos do deseño do blog, preparando a nova versión do mesmo que comezará a funcionar a primeiros de ano, e de súpeto, decateime de que hoxe -25 de novembro- Xornal Aberto está de aniversario. Dous días despois de que Manuel Fraga cumprise 89, Xornal Aberto cumpre 6 anos de vida. Hoxe, de feito, tiña pensado escribir sobre a inauguración da nova Avenida Manuel Fraga na capital de Galiza, que está agora mesmo a desenvolverse en Santiago, pero en vez diso vou facer un pouco de autobombo colgando o primeiro post, que aló por novembro de 2005, inauguraba este blog. A entrada, como veredes, non ten moito sentido pero é a primeira que subín e ahí reside o seu encanto (foto no leva, claro está).
E coma homenaxe nada mellor que Carlos Gardel e o seu Volver...Xa sabedes, 6 anos non son nada....
E coma homenaxe nada mellor que Carlos Gardel e o seu Volver...Xa sabedes, 6 anos non son nada....
Novembro 25, 2005
CREACIÓN DUN BLOG
Todo o mundo fala dos blogs e do divertido que é dar a túa propia opinión sobre determinados temas e, ademais, facela pública dalgún xeito. Todo isto está moi ben pero ninguén fala da dificultade que ten, para un tipo coma min que non controla un carallo de informática, tratar de poñer en marcha un, sen a axuda dos amigos e coñecidos.
En primeiro lugar, non son capaz de lograr que os apuntes que aparecen no blog (por suposto en inglés) muden por textos en galego, tampouco sei como subir fotos, etc, etc...En fin que vai a ser complicado que sace esto adiante (ou polo menos dilatado no tempo). Xa veremo.
En primeiro lugar, non son capaz de lograr que os apuntes que aparecen no blog (por suposto en inglés) muden por textos en galego, tampouco sei como subir fotos, etc, etc...En fin que vai a ser complicado que sace esto adiante (ou polo menos dilatado no tempo). Xa veremo.
