Amosando publicacións coa etiqueta Cuba. Amosar todas as publicacións

Mandela e a fraxilidade da memoria

O da relatividade do tempo é algo que descubrimos hai xa moitos anos sen que ninguén tivese que explicárnolo. Como tantos outros cativos, durante algunhas clases -no noso caso as de matemáticas- comprobamos que, aínda que o reloxo dicía o contrario, o tempo "corría" de xeito diferente cando estabamos xogando ao fútbol no recreo que cando escoitabamos unha monótona diatriba sobre a importancia dos números primos ou as propiedades da multiplicación (conmutativa, asociativa, distributiva,...). Co devenir dos anos averiguamos tamén que, ademáis da relatividade, o paso do tempo conta con outras moitas propiedades, entre elas, a de provocar a lembranza selectiva de datos e acontecementos, así como a de modificar de xeito permanente algúns dos nosos recordos.
11 de decembro de 2013
Publicado por Adycto
Tag : ,

Cuba nos medios de comunicación

Hai uns días poidemos ver nos medios de comunicación españois e galegos como se falaba de posibles reformas económicas en Cuba de cara ao Congreso que o Partido Comunista da isla caribeña vai a celebrar no vindeiro mes de abril. Os que seguimos o tema vimos como, unha e outra vez, se falaba de "reformas" e "crise". Na web Cubainformación, á que por certo hai 15 días o diario ABC calificaba como "Ong na órbita de batasuna", voltan a falarnos sobre como os medios internacionais (sobre todo os españois) repiten, unha e outra vez, "slogans" cada vez que falan de Cuba e, sobre todo, non contan as cousas que están a acontecer na illa. Xa sei que estou pesado co tema pero é que o bloqueo mediático, absolutamente interesado e malintencionado, que están a facer grupos mediáticos aparentemente de esquerdas dame moito noxo. Para que non teñades que gastar a vista lendo os deixo un video da web Cubainformación no que, en apenas tres minutos, explican un pouco o tema. Se queredes produnfizar e consultar datos, citas, etc podedes facelo na web. Non hai moito que ocultar, mais ben ao contrario, hai moita labor de información por facer. Con isto non pensedes que en Xornal Aberto somos uns comunistas diabólicos que queremos acabar co sistema (que tamén) senón que simplemente queremos tratar de abrir a mente dos nosos lectores con información, datos e feitos. Non con dogmas e informacións "censuradas" e "manipuladas".
cubainformacion.tv


17 de novembro de 2010
Publicado por Adycto
Tag :

INFORMACIÓN SOBRE CUBA

Boas vacacións para o que as tivera. Os que quedamos en agosto a fronte do país, mirando para que todos tiverades unhas boas vacacións e desfrutárades da praia, do campo, ....do que fose; os saudamos. Como moitas veces falamos de Cuba e da situación que se vive nese fermoso país caribeño e sempre nos atopamos diante co bloqueo informativo que vive todo o que acontece na illa hoxe, dende Xornal Aberto, os imos dar un link, o de Cubainformación para que, cando teñamos que falar do que se está a vivir en Cuba e nos atopemos diante cos "argumentos de sempre" podamos manexar outras fontes de información, cando menos, tan fiables como as habituais. Na páxina podedes atopar todo o que queirades saber deste proxecto que intenta facer unha brecha no bloqueo mediático que sofre a illa caribeña. Xa sabedes, entrade e recibiredes un soupro de liberdade sobre o que cimentar as vosas opinións. Hai que ser críticos sempre, pero dende todos os lados, non sempre dende o mesmo.


30 de agosto de 2010
Publicado por Adycto
Tag : ,

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -