Despídeme
Despois de cinco meses sen escribir nada e tras case que dez anos na rede hoxe chegou o día de poñerlle fin a este blog sine die. É posible que dentro doutros dez anos voltemos a collelo para seguir contando cousas pero, polo momento, poñemos o punto e final. Se queres seguir en contacto connosco seguiremos activos en Twitter na nosa conta @XornalAberto.
E coma despedida nada mellor que este tema de Skalariak que musica un poema do gran Miguel Hernández. Un saúdo para tod@s.
Poetarras Feijoooooo-o-o-o-o-o
O colectivo arterrorístico Poetarras acaba de sacar un temazo que, rapidamente, convertirase en himno xeracional. É unha versión do archicoñecido "Roar" de Katy Perry pero á Galega e ten como protagonista ao demoledor do Estado de Benestar por antonomasia, ao moderno Balbino, ao plurilingüe Presidente Alberte. Non o perdades!
Matas, como excusa
Ao #Matas metéronlle 8 anos de caldeiro. Rebaixa de pena mediante, a cousa quedou en 9 meses. O tipo pasou 3 meses dentro e xa está na rúa. A Constitución Española, da que algúns aínda presumen, dí no seu Artigo 1: "España se constituye en un Estado social y democrático de Derecho, que propugna como valores superiores de su ordenamiento jurídico la libertad, la justicia, la igualdad y el pluralismo político". E claro, soa a #retranca pero ateigada de mala baba.
Esperando polo post bo
Seica levamos xa un lote de tempo sen subir nada ao blog -algo así como 4 meses-. A verdade é que, fundamentalmente, é unha cuestión de pereza pero, se queredes, podemos atoparlle unha explicación diferente e dicir que trátase dun periodo de introspección dos autores.
Hoxe escribimos nada máis para dar fe de que aínda estamos vivos é que, a semán que ven, voltearemos a subir contidos de novo. Nada bo ni especial, xa sabedes, simplemente a nosa opinión ou experiencia sobre calquera cousa que nos pase polo maxín.
Mentres esperades, a viñeta pola que saímos deste letargo introspectivo...
DA POLÍTICA E DOS COMPAÑEIROS DE CAMA
Resulta complicado atopar a orixe de determinadas frases que usamos a cotío. Unha da que sempre gostamos moito é aquela que dí o de que "a política fai estranos compañeiros de cama". Moitos danlle a súa autoría ao político inglés Winston Churchill -autor de moitas citas célebres- aínda que non hai unha certeza absoluta de que sexa el o seu inventor.
Música para un luns
Hoxe non temos o corpo para moitas cousas, coma todos os luns. Gustaríanos compartir con todos vos un artigo, sesudo e profundo, sobre as consecuencias para a política internacional do referendo de Crimea, ou sobre a noxentos artigos de opinión que, semana sí semana tamén, publica El País sobre América Latina.Pero non temos gañas nin corpo para tanta festa. Será por iso de estar en Cuaresma. E coma sabemos que moitos dos nosos avezados lectores tamén sofren os excesos dos luns nos seus corpos, nada mellor que compartir convosco a lista de reproducción que estamos a escoitar nós agora mesmo e que, se cadra, pode axudarvos a "pasar" mellor o luns.