Publicado por : Adycto 7 de xaneiro de 2014


Despois do titubeante discurso na Pascua Militar do Borbón no que, por enésima vez, o monarca demostrou que non está nin física nin mentalmente capacitado para exerxer o papel que lle confire a Sacrosanta, Inamovible e Perfecta Constitución Española, a Familia Real volta de novo a ocupar as principáis portadas dos xornais con motivo da imputación da InfantaLista no Caso Noos. 

Neste post non imos a especular sobre se, finalmente, a InfantaLista vai a ter que comparecer ante o xuíz Castro, ou ante o que a Xustiza decida se de aquí aló este xuíz morre, resulta inhabilitado ou é apartado do caso por calquera outro medio. Tampouco imos especular sobre se era necesario ou non imputar á InfantaLista. E non o imos facer porque o importante non é que imputen ou non a unha persoa, senón se esta é finalmente xulgada e condeada, cousa que estamos totalmente convencidos de que non ocurrirá. Por tanto, todo esto da imputación, acabe comparecendo ou non ante o xuíz, non é máis que unha nova mostra do campechana e normal que é a Monarquía Española que incluso atende aos requerementos da Xustiza. Porque si queridos amigos, os membros da Familia Real son como o resto dos cidadáns: pagan a Facenda puntualmente, loitan por chegar a fin de mes e, por suposto, responden ante a Xustiza cando é menester.

E se non imos especular sobre se a InfantaLista acabará tendo que presentarse ante o xuíz entón, para que este post? Simplemente para despotricar un pouco contra a Familia Real? Pois non. O motivo deste post non é outro que dar conta da "errata" que moitos xornais, televisións e radios están a cometer no tratamento deste tema. Hoxe é normal ler titulares do tipo: "O xuíz Castro volve a imputar á Infanta" ou "A Infanta, imputada" e nós preguntámonos...Acaso hai so unha Infanta en España? Non deberían os medios especificar máis é falar da "Infanta Cristina" en vez de "A Infanta"? 

Como froilanistas convencidos que somos puxémonos en contacto con algunha das principáis redaccións deste país para facerlles chegar a nosa protesta e que así deixasen de manchar o nome da nai do futuro Rei de España. A resposta foi case unánime. Dixéronnos que está permitido titular só co "cargo" (a Infanta) sen precisar o nome porque todos os cidadáns do país saben que a nai de Froilán non ten as dotes necesarias para estar involucrada nun tema de facturas falsas, empresas pantasma, tramas financieiras,...e por tanto non hai lugar a confusión. 

A pesares da resposta puidemos comprobar que moitos xa cambiaron os seus titulares para falar de "Infanta Cristina" en vez de "Infanta". Está claro que a nai do seguinte Rei de España é moi querida porque representa como ninguén os valores da monarquía borbónica española.





Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -