Publicado por : Adycto 4 de novembro de 2013

Os que habitualmente ledes este blog sabedes que sempre defendimos a República como xeito  de goberno lexítimo dun pobo, nación ou Estado. Por outro lado, nesta redacción consideramos aos Borbones como unha das grandes lacras da España na que vivimos e como unha das herdanzas máis envelenadas que o franquismo deixou sobre a sociedade española, xunto co desproporcionado poder da Igrexa. E aínda así, aínda pensando todo iso, non podemos resistirnos ao encanto do "enfant terrible" da coroa española: Felipe Juan Froilán de Todos los Santos.



Xa dende o seu nacemento captou a nosa atención. Foi o primeiro neto de JuanCar I, fillo do Marichalar e da Infanta de Limón -esa a que sabes que nunca pillarán nun chanchullo como os da irmán porque ben se ve que non pode facelo- e ademáis, por iso de que os pais fosen Duques de Lugo, puxéronlle de terceiro nome o galeguísimo Froilán. Para que enganarnos, chamou a nosa atención dende o principio.

Logo co paso dos anos, o rapaz está nos quince xa, foi gañando pouco a pouco o noso corazón ata convertirnos en Froilanistas convencidos. É dicir, nós queremos República pero se ten que seguir a Monarquía en España que o próximo Rei sexa Froilán I.

E é que o rapaz fixo moito por gañarse o noso aprecio. Para empezar, non parece que preste moita atención aos estudos xa que, con quince anos, anda aínda en Terceiro da ESO -Vía Diversificación- despois de repetir dúas veces segundo. E non cremos que os mestres teñan gañas de suspendelo, a verdade. Iso si, o rapaz -quinto na liña de sucesión tras o seu tío Felipe, as súas primas Sofía e Leonor, e a súa nai- parece que é moi emprendedor como así o atestigua o seu novo traballo como Relacións Públicas da coñecida discoteca Joy Slava para a sesión ligth. Na prensa din que renunciou a cobrar por facelo pero seguro que algún outro beneficio lle saca ao tema.

Ademáis de emprendedor, Froilán é un rapaz de carácter que non dubida á hora de defender os seus argumentos ata o final. De feito, defendendo as súas teses nunha discusión co seu primo Pablo tivo que chegar a pegarlle un cabezazo e a ameazalo cun "pincho moruno" para facelo entrar en razón, durante un curso de vela que facían ambos en Mallorca. O de trincar un pincho moruno e poñerllo no pescozo ao primo, para que negalo, cautivounos.

Pero é que ademáis de ser emprendedor e contar cun marcado carácter, Froilán é curioso e imaxinativo. O capítulo do disparo no pé mentres estaba co seu pai -que seguro permítelle cobrar unha pensión de invalidez se as cousas tórcense para a Familia Real-, proba o seu interese pola caza e o uso das armas, algo moi ligado á súa familia materna, certamente, e a súa imaginación queda claramente demostrada coa súa última ocurrencia: poñerse a careta de "V de Vendetta" cando anda de compras para que non o recoñezan. O dito, un crack.

Froilanistas do mundo...A nosa hora achégase....E se de muller escolle á Andeita da Esteban sería a cuadratura do círculo. O infante do pobo coa filla da princesa do pobo....So de pensalo entránnos frío....


Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -