Publicado por : Adycto 22 de febreiro de 2013

A teoría que imos tratar de explicar hoxe aquí parte dos desbarros da redación de Xornal Aberto na que, polo momento, aínda non temos expertos en Dereito Constitucional. Por este motivo pedimos a todos aquel@s que lean esta teoría e queiran explicarnos onde estamos errados, que o fagan. Estaríamos encantados de quitarnos esta sospeita que ronda polar nosas cabezas dende hai uns días...Imos aló.

Como toda teoría, a nosa, ten como obxectivo respostar unha cuestión: Vai abdicar o Rei Juan Carlos Un? Aquí pensamos que non. E agarrámonos a seguinte teoría.

Segundo recolle a Constitución Española -dende agora chamarémoslle Conspiración- no seu artigo 56.3 "La persona del Rey es inviolable y no está sujeta a responsabilidad. Sus actos estarán siempre refrendados en la forma establecida en el artículo 64, careciendo de validez sin dicho refrendo, salvo lo dispuesto en el artículo 65.2." . A verdade é que, deixando de lado as coñas que poda suscitar o palabro "inviolable", o que quere dicir este concepto xurídicopenal da inviolabilidade da persoa do Rei é que goza dunha "causa persoal de exclusión da pena" que, aínda que non fai desaparecer o delito, si o exime da pena.

Como ben explica o catedrático de Dereito Penal da UCM e membro do Consello Editorial do Xornal El Mundo, Enrique Gimbernat, nun artigo titulado "La inviolabilidad del Rey":

"Si el Rey asesinara a una persona, él -y sólo él-, y sobre la base de su inviolabilidad, estaría exento de pena, mientras que debería responder como coautor de un asesinato cualquier otro sujeto -porque el delito sigue existiendo y no está amparado por la inviolabilidad- que hubiera inmovilizado a la víctima mientras el Jefe del Estado le asestaba la puñalada mortal. Este régimen es el que se sigue en todas las «causas personales de exclusión de la pena», como lo puede ser, por ejemplo, la prevista en el art. 268 del Código Penal, que declara «exentos de responsabilidad criminal y sujetos únicamente a la civil» a determinados parientes que cometan contra otros familiares delitos contra la propiedad no violentos, especificando el propio art. 268 que «[e]sta disposición no es aplicable a los extraños que participaren en el delito», de tal manera que si un hombre estafa a su esposa, aquél no podrá ser condenado por este delito, mientras que responderán como cooperadores de la estafa los no-parientes («extraños») que hayan participado en el hecho punible cometido por el cónyuge."

Claro que, se o Rei abdicase, a Conspiración deixaría de protexer ao Juan Carlos para pasar a protexer ao Felipe -se é que abdicase nel-. Nese intre, Juan Carlos de Borbón podería ser encausado, detido, condenado e encarcelado ( aínda que esto ultimo coa súa idade pensamos que non sería posible). Tendo en conta esta teoría en Xornal Aberto pensamos que é poco probable que Juan Carlos Un renuncie a esta especie de "bonus" que o permite sair libre de todo faga o que faga. Ou sexa que, como resposta á pregunta inicialmente plantexada de se O Rei vai abdicar, a resposta parécenos clara: Nin de coña!!

Como dicíamos no comezo agradeceríamos que outros mais listos ca nós, e máis leídos en Dereito Consitucional, nos indicaran os erros que ten este plantexamento teórico....Ou é que Juan Carlos sería tamén inviolable cando non fose o Jefe del Estado?

7 Respostas ata o de agora.

  1. JLMejuto dí:

    Artículo 14. Los españoles son iguales ante la ley sin que pueda prevalecer discriminación alguna por razón de nacimiento, raza, sexo, religión, opinión o cualquier otra condición o circunstancia personal o social.

    La inviolabilidad del rey es la mayor contradicción de la "Carta Magna", aunque no la única que afecta a la "familia" pues no olvidemos el puro machismo reflejado en la línea sucesoria.

    No soy capaz de argumentar si la abdicación de JC le privaría de su inmensa ventaja ante la ley, pero mi intuición me dicta que podría apostar cualquier cosa a que seguiría manteniéndola, con la seguridad de que no iba yo a perder.

  2. Bueno, vaiamos por partes.

    A inviolabilidade da persoa do rei, así coma o seu estatuto xurídico, o seu e o da "familia real" se atopa nun limbo legal.

    Atendendo á constitución e a falta dunha regulación máis clara sobre a materia, podese apuntar unha teoría: Se o rei, e só el, abdicase, deixaría de ser rei e polo tanto de ser inviolable, e podería ser procesado. Pero só podería ser procesado por feitos acaecidos cando non era inviolable, é dicir, esa nova situación xurídica non podería extenderse a feitos acaecidos na época na que era inviolable. E coa sua idade e o seu lamentable estado e dificil pensar que poida delinquir. Por esa banda, Juan Carlos uno podería abdicar, porque para o que lle queda de vida activa...

    Outro dato interesante, e que creo que é o quid da cuestión, e a ausencia de regulación referente á denominada "familia real". Resulta evidente que a inviolabilidade, coma cualidade personalísima, non se extende aos membros da familia real, nin sequera ao herdeiro da coroa, que se delinque podería ser procesado. E o mesmo respecto á raíña e ás infantas. Son procesables coma calquera outro español.

    O certo é que unha das razóns pola que a infanta non está imputada no caso noos é a ausencia dunha regulación clara ao respecto. hai posturas que falan de aplicar analóxicamente o aforamento dos diputados aos membros da familia real, co cal tería que ser o supremo o que imputase á infanta. Pero eso é abrir unha porta incómoda. Ademáis, ¿ata onde chegaría ese aforamento? ¿quen se considera familia real a eses efectos? ¿se o capullo de froilan viola e mata a unha nena de dez anos, resulta que habería que solicitar o suplicatorio por consideralo aforado?

    Personalmente coido que o rei non abdica non porque tema por él, senón porque resulta evidente que un traspaso de cargo ao seu herdeiro habida conta das circunstancias resulta un regalo envenenado. Felipe catro íao ter moi crudo agora mesmo. A monarquía neste país vive das rentas do Juancarlismo.

    O certo é que todas estas lerias se derivan do absurdo dun sistema monárquico na actualidade. O encaixe co principio de igualdade de tódolos seres humanos perante a lei, a non discriminación e en xeral un réxime democrático funciona ben cando se trata de bailes de gala ou vender revistas do corazón, pero cando as cousas se embarullan os defectos do sistema resultan evidentes, coma toda a pléyade de conseguidores, arribistas, e corruptelas que rodean á familia real. Puidera semellar que nos atopamos no gabinete de Fernando VII, onde patrocinadores, negociantes de toda pelaxe e traficantes de influencias mendigan o favor real para interceder ante as súas causas en contra dos intereses públicos.

    Non doutro xeito se pode entender un concepto tan aberrante coma o que vivimos cun desahucio dunha muller maltratada na que a atencion dos medios veu motivada "polo interés que mostrou a princesa letizia polo asunto" ¿A quén chamou? ¿en qué clase de estado caciquil a efectividade da lei ou da xustiza depende dunha chamadiña dun noble ou dun membro da familia real? ese é o mesmo concepto servil que motivou o caso nóos, ao entenderse erradamente que os desexos da familia real realmente son ordes, e que polo tanto non están sometidos aos trámites ordinarios.

    Por favor, que imputen á infanta xa mesmo. Sería un raio de esperanza nesta oscuridade que vivimos

    P.D.: recomendo encarecidamente á redacción que se poña a traballar co culebrón bárcenas. Só facer unha lista das comparecencias de Floriano e Cospedal dando explicacións en plan: non traballa aquí dende o 2009, bueno dende o 2010- bueno si que traballa - non traballa pero cobra- cobra pero non é un soldo- bueno é un finiquito prorrateado - bueno é un finiquito máis a cotización á seguridade social- eso é o normal- bueno, non é normal (é un fraude) pero é un acordo ao que chegamos - bueno non teño aqui ese acordo- nos querellamos contra él- mellor non - mellor sí- mellor aplazamos as accións...

    vaia espectáculo.

  3. Anónimo dí:

    [url=http://longchampsoldesk.xanga.com/]sac longchamp moins cher[/url] Not everyone is aware of this, but the best deals on consumer products come the month after Christmas. Immediately after the grand day, stores are dying to liquidate their inventory before New Years and will take their products to rock bottom prices to get rid of it all. But what doesn't go after that, Mulberry Antony Messenger Natural Leather Bag Black for Men,Cheap Mulberry Bags On Sale, Mulberry Bags Outlet, fast delivery. still remains and is easily found in the clearance bins or tucked behind new product.
    [url=http://blog.livedoor.jp/longchampbagsd/]sac longchamp[/url] The inflation system is not unlike a solid rocket booster (see How Rocket Engines Work for details). The airbag system ignites a solid propellant, which burns extremely rapidly to Highly Appreciated Mulberry Women's East West Bayswater Mixed Buckle shoulder Purple Bag, Cheap Mulberry Bags Outlet Online Sale With 100% Quality Guarantee. create a large volume of gas to inflate the bag. The bag then literally bursts from its storage site at up to 200 mph (322 kph) -- faster than the blink of an eye! A second later, the gas quickly dissipates through tiny holes in the bag, thus deflating the bag so you can move..
    [url=http://saclongchampa.angelfire.com/]sac longchamp[/url] This has paved the way to a bigger patronage and has a . In this situation Contact Center Outsourcing is the greatest solution to full operations like client serv . A piece of sweater warm coat, warm and fashion, adding the beautiful color, is very sweet and lovely.. However the costs does not sore up as much as the originals. The reproduction is just the perfect choice as folk would seldom be in a position to find out the difference. These products are hot favourites among younger people who admire their idols... These handbags are good quality and totally beautiful. In essence, most of these bags are offered Most Fashionable Mulberry Women's East West Bayswater Leather Shoulder Black Bag on sale,Plus free shipping and no sales tax at a cost that does not involve the middle man or retail store markup. Retail markups usually range from 50 percent all of the way up to 100 percent!For example, a coat in a store is $150.

  4. Anónimo dí:

    I consider, that you are mistaken. Let's discuss.
    I apologise, but, in my opinion, you are mistaken. Let's discuss it. Write to me in PM, we will talk.
    It agree, very good information
    In my opinion you are mistaken. I can prove it. Write to me in PM, we will discuss.
    Talent, you will tell nothing..

    [url=http://shenenmaoyiw.smartlog.dk/paper-bags-and-plastic-bags-can-be-used-for-items-packing-post1259917][b]michael kors outlet online[/b][/url]
    [url=http://shenenmaoyiww.angelfire.com/][b]michael kors outlet online[/b][/url]
    [url=http://www.purevolume.com/listeners/shenenmaoyik/posts/330998/Bandanas][b]michael kors outlet online[/b][/url]
    [url=http://shenenmaoyiqwe.exteen.com/20130122/why-hermes-birkin-handbag-consequently-attractive][b]michael kors outlet online[/b][/url]
    [url=http://shenenmaoyipo.bravesites.com/][b]michael kors outlet online[/b][/url]

  5. Anónimo dí:

    Matchless topic
    In my opinion you are not right. I am assured. Let's discuss it. Write to me in PM.
    Should you tell you on a false way.
    In my opinion you commit an error. Let's discuss it. Write to me in PM, we will talk.
    I am sorry, that I interfere, but, in my opinion, this theme is not so actual.

    [url=http://shenenmaoyizzz.loveblog.com.br/][b]michael kors outlet online[/b][/url]
    [url=http://shenenmaoyiqwe.snappages.com/blog.htm][b]michael kors outlet online[/b][/url]
    [url=http://shenenmaoyik.smartlog.dk/punching-bags-for-anger-management-post1260861][b]michael kors outlet online[/b][/url]
    [url=http://shenenmaoyizzz.ucoz.com/index/shenenmaoyizzz/0-4][b]michael kors outlet online[/b][/url]
    [url=http://shenenmaoyitt.loveblog.com.br/][b]michael kors outlet online[/b][/url]

  6. Adycto dí:

    Thomas Pullings... Chegouche xa o raio de esperanza ao reino da escuridade?

  7. Chegaráme coa resolución do recurso da fiscalía pola Audiencia Provincial. Resulta incríble que a fiscalía recurra unha imputación. A físcalía sempre se mostra máis que interesada por imputar á xente, non ao reves. De feito os avogados da infanta se personaron na causa, pero non consta que recurrisen a imputación ¡Porque xa o fixo o fiscal dos huevos, e se adheriu ao recurso o avogado do estado!!

    Por certo, a fiscalía para os legos é a mellor e máis directa forma que ten o goberno de turno de intervenir nun proceso judicial. O fiscal do caso responde perante a fiscal xefe da provincia, e éste responde ao Fiscal xeral do estado, que é posto polo Goberno.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -