Publicado por : Adycto 12 de decembro de 2012

Hoxe é 12-12-12, unha data curiosa. Tamén é o día no que o Celta de Vigo xoga contra o Real Madrid na Copa do Rei e, se cadra por iso, na redacción lembrábamos hoxe, entre "cafeces", as nosas primeiras veces nun campo de fútbol. O que escribe lémbrase bastante ben. Foi no municipal de Balaídos, hai alomenos 24 anos, na compaña do meu pai. Dese día lembro un estupendo bocata de tortilla que fixera a miña nai para o descanso, e que eu comecei a papar á metade do primeiro tempo, e un gol de Vicente que servíu para gañar o partido. Ese foi o primeiro día pero logo virían moitos máis, algúns co meu pai pero a maioría cos amigos.

Conto isto porque deses anos de sufrimento nas bancadas de Balaídos quedaron no meu maxín moitas imaxes, nomes, e tardes de ilusión e tamén de frustración. Un deses nomes que quedou na miña cachola foi o dunha das peñas celestes: "Barullo no área" (hoxe desaparecida, coido), xa que dende a primeira vez que o vin  pareceume un nome moi axeitado para unha peña futbolera.

E non só paréceme un nome adecuado para unha peña futbolera. Parécenme tres palabras e un concepto que sirve perfectamente para definir a situación que estamos a vivir nestes intres en Europa. Son moitos os exemplos dese "barullo no área" do que falo. Hai centos deles pero hoxe, doce do doce do doce, hai un que quero comentar con vos. Resulta que o Goberno portugués, como conta a Voz de Galicia na súa edición dixital,  quere volver baixar no 2013 as indemnizacións por despedimento, de 20 a 12 días por ano, para cumprir as condicións do rescate financeiro concedido pola UE e o Fondo Monetario Internacional (FMI).

As novas indemnizacións, que entrarán en vigor no 2013, continúan na liña das aprobadas polo goberno luso en novembro de 2011. Entón, esas compensacións pasaron de 30 a 20 días por ano traballado para os novos contratos cun límite de doce meses, medida que perseguía mellorar a «flexibilidade laboral» no país, en palabras do propio Goberno. Agora parece ser que ven unha segunda baixada que deixará eses 20 días por ano traballado a 12.

Xa falamos neste blog, se cadra demasidas veces, de como estas "flexibilizacións dos mercados laborais dos países da zona euro", ao igual que as tan manidas "adaptacións dos salarios á productividade dos traballadores", tamén chamada "moderación salarial", non son máis que un uso perverso dos termos. Do que estamos a falar, realmente, é dun recorte permanente dos dereitos dos traballadores, que costou tanto tempo conquerir. De feito, estes termos dos que falamos non son máis que unha transferencia de cartos directa dende os traballadores á empresa (ou capital, para ser máis exactos).

Pero neste contexto de alzas na prima de risco, de recortes en Sanidade e Educación, de millóns de persoas vivindo por baixo do umbral da pobreza en Europa, algúns deben pensar que é o momento ideal para seguir tomando medidas que acaben definitivamente cos máis mínimos dereitos laborais e sociais...O dito, aproveitan o "Barullo no área" para facer o que sempre quixeron...

One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    Hello. Facebook takes a [url=http://www.onlinecasinos.gd]free casino bonus[/url] daresay on 888 casino furnish: Facebook is expanding its efforts to the moment real-money gaming to millions of British users after announcing a wrestle with with the online gambling comrades 888 Holdings.And Bye.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -