- Atrás »
- DE ANÁLISE, NADA!
Perdoade por non ter sacado aínda un post sobre os resultados das eleccións desde domingo pero é que aínda estamos analizando os datos en profundidade. O fácil sería dicir que impresionante triunfo de Feijoo, éxito de Beiras e fracasazo de Pachi e Jorquera pero queremos facer algo con máis xeito, más en profundidade...
Xa terminamos de analizar os datos con calma e a conclusión é evidente: indepententemente de ter unha lei electoral inxusta, independentemente de que os candidatos de PSdG e BNG fixeron unha campaña moi mala e incluso sen ter en conta que o PPdG animou aos medios afíns a facerlle un pouco de caso á AGE de Beiras (por esto do reparto da Lei DHont) os galegos, por desgraza, temos o que merecemos: o que votou a maioría dos que foron a votar, que por certo foron moi poucos.
Pensei que co tempo pasaríame o cabreo e podería facer unha análise sesuda e profunda do tema pero estaba equivocado.
jejejejejejejeje... espléndido post! a verdade e que un sesudo e pormenorizado análise dos resultados pódese resumir en "vaia morea de merda".
En serio, solidarízome. non é de coña, fíxome moita gracia.