- Atrás »
- A NACIONALIZACIÓN DE BANKIA
Publicado por : Adycto
9 de maio de 2012
Está claro que estes días o tema de debate non é outro que o "rescate" que o Estado está ultimando para Bankia, o banco dirixido ata hai dous días por Rodrigo Rato (o tipo ao que Aznar descartou como o seu sustituto para nomear a Rajoy). Fálase dunha cantidade de entre 5.000 e 11.000 millóns de euros. Seguro que o vindeiro venres, nesta permanente cámara dos horrores na que se convertiu a rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros semanal, diránnos a cifra exacta (ou non) así como as novas medidas que o goberno de Mariano adoptará para completar o saneamento da banca española e buscar solución a unha "buena parte" dos problemas económicos de España. Segundo Rajoy serán " decisiones importantes y de calado. Son momentos difíciles y duros, pero hay que tener coraje y las ideas claras". Medo me da pero haberá que esperar.
Para o que non hai que esperar é para coñecer outras opinións, neste caso do gran Alberto Garzón, sobre que facer con Bankia e o seu rescate. Dende Xornal Aberto non podemos estar máis de acordo co deputado de IU.
En España, dende que comezou a crise as entidades bancarias teñen recibido do Estado -ou sexa de nós- 73.240 millóns de euros. Concretamente 20.087 a través do FROB e 53.162 en avais por parte do Tesoro Público. E cal foi o resultado? En Xornal Aberto pensamos que é tempo doutro tipo de medidas...

Sempre me fan moita gracia, e é unha reflexion que fago a miúdo, como os politicos definen as medidas antipopulares coma "medidas valientes" ou coma agora Rajoy, di que "hay que ter coraje". baixo o meu punto de vista, non resulta moi valente nin require moita coraxe tomar medidas contra colectivos coma funcionariado, parados, xubilados, ou cotizantes en xeral. Ao fin e ao cabo o único que te xogas son votos, que podes recuperar facendo un exercicio de cinismo coma o de sacrificios necesarios ou calquera outra merdallada.
Coido eu que unha medida valente ou que requerise coraxe sería a que fose contra os intereses dos que realmente te poden facer dano. A banca, as entidades financieiras que reciben cartos do estado para sanear uns balances que teñen falseados e asimesmo comprar débeda pública deste mesmo estado a un interés leonino para desta forma especular con cartos que non son seus, ou incluso tomar medidas valentes de cara ao FMI, o banco central europeo ou incluso cara á Merkel.
Porque básicamente contando cos medios de coerción que teño eu, o goberno pode tomar calquera medida valente que queira contra mín, porque non teño capacidade de resposta. E meu avó xubilado, aínda menos.
En canto ao da banca, está claro que se trata de privatizar os beneficios e socializar as perdas, baixo unha falsa tese de que os problemas veñen derivados dunha sorte de irresponsabilidade colectiva. Non se para de dicir que no pasado os españois vivimos por riba das nosas posibilidades, coma novos ricos. Non sei vos, pero eu polo menos non. E non son responsable da burbuja inmobiliaria. Os responsables teñen acordos de xubilación de millóns de euros e van saír desta crise igual ou máis ricos que antes. E todo iso incluso pese á valentía e o coraxe das medidas de Rajoy.
Un saúdo.

Tes toda a razón..coma case sempre...