Publicado por : Adycto 3 de abril de 2012


Co tema do lume que estes días asola as Fragas do Eume (que non Fraguas do Eume, que iso é outra cousa) repetíronse unha serie de comportamentos entre os nosos políticos que dan moito noxo. O actual presidente da Xunta, Feijooooo7, fala estes días de que os medios foron os adecuados, de que a coordinación foi boa e, xa hoxe, de que é necesario endurecer as penas para os pirómanos. A "leal" oposición fala de falla de prevención, de deescordinación e de falla de transparencia no xeito de transmitir os datos do que estaba a acontecer á cidadanía.

En 2006, cando no verán o lume cebouse co monte galego, o presidente era "Smallbull" (o amigo Touriño para os non iniciados) e o conselleiro de Medio Rural o frentista Suárez Canal. A "leal" oposición estaba a cargo do agora presidente (presidente!, presidente!). Nesa crise o amigo Feijooooo7 denunciaba a "imprevisión" e a "descoordinación" da Xunta ante a situación de "emerxencia" que vivía Galicia, así como a "ineficacia, irresponsabilidade, e descoordinación" do goberno autonómico.

O BNG, pola súa banda, a través do coordinador da Executiva Nacional, Francisco Jorquera, dicía entón que "non é de recibo que o PP intente sacar réditos dos lumes"e aseguraba que os incendios estaban a ser provocados de maneira "planificada" e co "beneficio" das condicións climatolóxicas "especiais" dese verán. O senador nacionalista afirmaba por entón que "a Xunta contaba cun dispositivo reforzado e máis profesionalizado que noutras campañas".

O portavoz parlamentario do PSOE, Diego López Garrido, sinalaba naquel verán de 2006 que "a loita" que levaba a cabo a Xunta e o Estado "é contra os incendios e contra os incendiarios" e advertía de que ía a haber unha especial preocupación en que "aquel" que causara un "lume criminal o paguase".

Estes días o presidente (presidente!, presidente!,..) dicía que o enemigo común é o lume e que había que facer recaer todo o peso da lei sobre os incendiarios...

Non os soa moito este conto? Non din o mesmo, uns e os outros, dependendo de que lado ocupen no Hórreo? Non credes que é necesario establecer unha política de actuación e prevención ante os lumes forestais co respaldo conxunto de todas as forzas políticas e que perdure independetemente de quen estea no poder?

Da moita pena!!

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -