Publicado por : Adycto 18 de abril de 2012

En Xornal Aberto somos conscientes de que o tema do día, sen ningunha dúbida, é o do repago farmaceutico. Con esta nova medida, o preshidente Madiano segue a demostrárlle aos seus votantes que mentiu na campaña electoral (non haberá copago, non subiré impostos, etc). É un tema moi triste o da medida aprobada hoxe xa que é un paso máis no desmantelamento dese sistema que todos nos déramos para que, independentemente das circunstancias económicas de cada quen, todos tiveramos dereito a saúde. Pero non queremos falar do RE-PAGO, queremos falar de cousas máis alegres. Queremos falar do Borbón.

Iso sí, antes de falar do Borbón, quería mandarlle un recado ao preshidente porque senón revento. Señor Rajoy, hai que ser moi sinvergoña, pero moito moito, para cargar sobre o lombo dos nosos maiores enfermos (responsables do 80% do gasto farmacéutico deste país) o novo recorte social co que hoxe nos alegraches o día. Se non atopas outro sitio no que recortar cárgalle no IRPF aos que lle tes que cargar, que ben sabes quenes son. Se é preciso cárgalle máis aos traballadores pero poñer no teu punto de mira dos recortes sanitarios aos pensionistas, ademáis de triste, é de xentes sen corazón.

Pero vaimos ao tema, que senón despístome.

Hoxe o rei pediu desculpas na súa primeira comparecencia pública tras recibir o alta no hospital da operación sufrida o pasado venres tras partirse a cadeira nunha cacería de elefantes en Botsuana. O home ao que o paro xuvenil lle quita o sono saíu da clínica apoiado en dúas muletas e, tras dicir que se atopaba moito mellor e agradecerlle aos xornalistas o seu interese pola súa saúde, pediu perdón dicindo textualmente : «Lo siento mucho. Me he equivocado. No volverá a ocurrir».

Xa os medios están a falar do "histórico" destas palabras e mañán todavía será peor ler os xornais e ver como toda a corte de plumillas pelotas que hai neste país alaban a actitude do "Campechano" porque soubo pedir perdón e ser humilde. Señores, pareceume patético (P-A-T-E-T-I-C-O). Parece un neno de quince anos falando cos seus pais. A de veces que teño dito isto eu aos meus pais cando tiña 17 anos e chegaba mamado a casa. E ao finde seguinte volvía a estar de copas.

De feito, se o Juancar lle dí isto a miña nai ela diríalle: "isto é pedir perdón?" e meteríalle un puro que te cagas. Sen embargo, seguro que a Juancar ninguén lle mete un puro que te cagas e ademais seguro que o tipo está tan arrepentido coma min cando me mamaba con 17 anos. Por certo, gustaríame saber se isto de pedir perdón foi cousa do gabinete de prensa ou do mesmo Borbón, que é así de campechano, porque se a alguén lle pagan un soldo por dar estes consellos apaga e vámonos.

Isto canto á forma. Pero é moito peor se analizamos o fondo. Por que está a pedir perdón? Por irse de cacería a Botsuana mentras o país sofre a peor crise económica dende que é Xefe do Estado? Por cazar elefantes? Por que o pillaron? Por supostamente estar involucrado nos negocios de Urdangarín? Pola fichaxe de Cointrao polo Madrid? Por que acabou coa reserva de Tanqueray para este ano?

É lamentable que no Estado español a Xefatura do Estado herédese de pais a fillos e que teñamos unha monarquía que, ademáis de facerse rica a conta nosa, estea formada por unha pandilla de mentecatos. Monárquicos ou republicanos, o que non se pode permitir é que o Xefe do Estado, sexa un Presidente da República ou un rei, faga o que está facendo o Borbón e a súa troupe.

Por certo, o perdón do rei lembroume ao de Pepe, o central do Real Madrid, hai algún tempo.

PD: Foi escrito a toda presa así que perdoade as erratas que poda ter...


2 Respostas ata o de agora.

  1. JLMejuto dí:

    Éste es un buen trabajo. Antes de presentar el patetismo del Borbón habéis tenido el acierto de comentar cómo una vez más a Rajoy le tenía que crecer la nariz a la manera de Pinocho, por el nuevo incumplimiento de su palabra al plantear su gobierno las nuevas medidas en Sanidad.
    Aunque, si me apuras, no sé bien que noticia es más indignante si el nuevo recorte o la irresponsabilidad del rey.
    Por otra parte es posible que de los problemas de los borbones con las armas hasta puede que saquen provecho. ¡Echad un vistazo a la portada de El Jueves!
    http://www.eljueves.es/articulo/revista/el_archivo/borbones_armados_peligrosos.html

  2. Adycto dí:

    Buenísima la portada del Jueves!!

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -