- Atrás »
- O SUICIDIO NA GALIZA
Publicado por : Adycto
23 de marzo de 2012
Estes días, o Instituto Nacional de Estatística publicou novos datos e informes na súa web. En Xornal Aberto, estivemos dando unha volta pola páxina tratando de atopar datos curiosos que nos permitisen facer un post e, tras navegar un rato pola web descubrimos un dato que nos deixou pegados: o suicidio foi, de novo, a primeira causa externa de defunción no ano 2010 (o último analizado). En total foron 3.145 mortes en España das que 275 foron na Galiza. Para que vexades a magnitude do dato basta decir que, por accidente de coche, en España morreron 2.237 persoas no mesmo ano 2010. En Galiza a cifra de mortos nas estradas por accidente de coche foron 239. Firvolizando un pouco lembrámonos da canción "Felicidad" da Cabra Mecánica cando dí aquelo de "mata más gente el tabaco que los aviones..." para poder dicir que mata máis xente o suicidio que os coches.
A verdade é que os datos son impresionantes os mires por onde os mires pero, se analizamos un pouco máis, a sorpresa todavía é maior. Resulta que dos 275 suicidos que houbo na Galiza en 2010, a friolera de 202 foron homes. A conclusión é de caixón: os homes teñen moita máis tendencia ao suicidio que as mulleres, nunha proporción de 3 a 1. Outro dato que impresiona é o que ten que ver coas idades ás que se producen os suicidos. Agrupando franxas de idade, entre os 60 e os 79 anos o número de suicidios na Galiza en 2010 foi de 88 persoas; entre os 40 e os 59 anos a cifra de suicidios foi de 84; e entre os 20 e os 39 o número de suicidios foi de 51. Parece, de novo frivolizando, que cando imos sumando anos, os galegos tendemos máis ao suicidio.
As cifras son de por sí rechamantes pero, aproveitando estes datos, queremos facer unha pequena reflexión. En Xornal Aberto non sabemos cales poden ser as causas de este elevadísimo número de suicidios que sufrimos, tanto na Galiza como en España, pero o que si sabemos é que unha campaña de sensibilización seria e firme das Administacións para tratar de reducilos sería algo moi desexable. O traballo feito por ZP no caso dos accidentes de tráfico foi exemplar acadando unha reducción do número de mortos por esta causa ata unhas cifras que, aínda que altas, son motivo de orgullo para todos. Pois ben, esas cifras de mortos nas estradas son inferiores ás acontecidas por suicidio e xamais vin nin unha mención a este tema nas políticas sanitarias, socias, ...de ningunha Administración.
Creo que é tempo de facer algo sobre o tema.
PD: A imaxe que ilustra este post é do gran Edouard Monet
Las estadísticas sobre suicidios no son muy fiables. De hecho muchos suicidios se ocultan pues se quiere evitar el efecto dominó. Está comprobado que cuando aparece una noticia sobre un suicidio consumado provoca inmediatamente otros más. Parece que los suicidas potenciales se animan.
Cuando te asombras de que las muertes por suicidio superan a las víctimas de tráfico, piensa que posiblemente te quedas corto ¿Cuantos accidentes de tráfico son en realidad suicidios camuflados?
como siempre, geniales tus aportaciones y reflexiones amigo Mejuto!
http://www.rtve.es/alacarta/videos/informe-semanal/informe-semanal-suicidios-ley-del-silencio/1376327/