Publicado por : Adycto 16 de xaneiro de 2012


Vaia por diante que a nova da morte de Manuel Fraga non foi algo do que podamos decir que nos colleu a todos por sorpresa. Durante as últimas semáns as noticias sobre a saúde do ex-ministro de Franco e ex-presidente da Xunta non eran boas e, quen máis quen menos, xa tiñamos asumido que Fraga non duraría moito.

Durante estes días haberá seguro que moitas reportaxes en profundidade sobre a vida do "León de Vilalba" nas que se alabará a súa capacidade de traballo, o seu nivel intelectual, a súa condición de Pai da Constitución Española, etc, etc. Ninguén vai a negar agora, ou polo menos non debería, a capacidade que no seu día tuvo Fraga ou o que fixo "progresar" a Galiza (cando estás 16 anos no poder é difícil non facer estradas, centros para maiores, etc). Tampouco se pode negar o feito de que a corrupción, alomenos en primeira persoa, non é algo do que se lle poda acusar ao ex-presidente. Son os seus "puntos fortes" e sobre iso seguro que haberá especiais abondo.

O problema é que, como cando morre calquera outra persoa, parece que non está ben falar dos seus puntos escuros, que no caso de Fraga foron moitos. Por citar algúns e, para que ninguén se esqueza, Fraga tamén é responsable de formar parte dun goberno dictatorial en calidade de ministro (que en calquera outro país suporía quedar excluido da vida política en democracia); da lamentable xestión da crise do Prestige (de caza esa fin de semán co ministro de Fomento do momento, señor Cascos); de meter a Galiza nunha aventura absurda na que todavía andamos chamada Cidade da Cultura; ou de fomentar, aplaudir e apoiar posturas claramente antidemocráticas en Galiza como o carretaxe de votos, a compra de vontades no exterior ou as redes caciquís de Baltar, Cacharro ou Cuiña, entre outros.

Meteuse en moitas outra liortas, sobre todo dialécticas (aínda lembro a súa opinión sobre o matrimonio homosexual) pero tamén políticas e culturais. Proclamouse galeguista despois de perseguir ao noso idioma e cultura dende o ministerio de Información e Turismo, beneficiou á Igrexa canto poido durante a súa vida política a pesares de coñecer perfectamente cal debería ser a súa forma de actuar neste campo; non soubo abandoar a vida pública; etc, etc.

Iso,que hoxe péchase un capítulo importante da vida política española e galega que, para ser sinceiro, preferiría que rematase doutro xeito e noutro tempo. En todo caso non os deixede arrastrar polo que estes día salga na tele e lembrade as outras cousas de Fraga das que estes días se falará menos.

7 Respostas ata o de agora.

  1. JLMejuto dí:

    Entrada oportunamente acertada.
    Saldos

  2. emigrante dí:

    Está claro que como toda persona que muere tiene cosas buenas y cosas malas. Nuestro punto de vista como gallegos va a ser diferente del de los mesetarios. Para ellos la parte de presidente de la Xunta es como si no existiese. Por lo tanto para la mayoría española lo verán como un santo(hombre de estado que se recicló, llegando a ser un redactor de la Constitución) o como un demonio (ministro franquista).
    Nosotros tenemos más elementos de juicio para tener una opinión algo más acertada a la realidad que un mesetario.
    Diciendo esto, desde mi punto de vista prima la parte positiva de su gestión. Como bien dices amigo Adycto, fue uno de los padres de la
    Constitución y aparentemente él no fue corrupto. Esto ya hace de él un político excepcional.
    La verdad es que me gustaba su punto de llegar primero que nadie a trabajar. Lo peor de él es que aún le quedaban gestos del pasado en su trato con los demás.
    Para mí falleció uno de los personajes claves de la transición, que supo llevar a la derecha franquista a posiciones más moderadas para poder aceptar el acuerdo/constitución. En ese acuerdo todos cedieron un poco y llegamos a la entente cordial actual. No está mal, no?

  3. Frantxu dí:

    Muy bueno, como siempre, y de primera mano, como gusta... Por cierto, aunque tarde, Feliz año Nuevo.

  4. Adycto dí:

    querido emigrante. Evidentemente, una persoa que estivo 60 anos apegada ao poder seguro que fixo cousas boas e malas. Simplemente trato de lembrar aquelas cousas que estes días todos esquezerán nas súas loas a Fraga.

    Por suposto que fixo cousas boas e unha delas é esa que ti dis de convertir á dereita franquista a posiciones máis democráticas...Non serei eu que lle quite ese merito, igual que o de chegar cedo a currar ou non robar....simplemente lembro algunhas desas outras cousas da que estes días non se falará...

  5. Lorena dí:

    Non creo que haxa que loar a ninguén (político ou non) por chegar á hora ó traballo e por non roubar. Non creo que comportarse correctamente sexan méritos. Ou non é o mesmo que se espera de todos nós no noso posto de traballo? Dame vergoña que a xente e máis os políticos se comporten tan mal que mesmo haxa que felicitarlles por nada.

  6. Adycto dí:

    Totalmente de acordo Lorena....

  7. Anónimo dí:

    Estoy totalmente de acuerdo con Lorena. Además me gustaría decir que si Fraga formó parte en la elaboración de la Constitución, fue por temor a un posible brote de violencia fascista y no por la representación de su partido en el Congreso. Por otra parte Alianza Popular, dejando patente su carácter antidemocrático votó en contra de la actual Carta Magna. El actual PP aún no condenó el franquismo, así que mucho cuidado con lo de su centrismo moderado que el día menos pensado la vuelven a liar.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -