Publicado por : Adycto 25 de novembro de 2011

Ás veces o calendario, como a propia vida, sorpréndete. Onte estaba a revisar algúns aspectos do deseño do blog, preparando a nova versión do mesmo que comezará a funcionar a primeiros de ano, e de súpeto, decateime de que hoxe -25 de novembro- Xornal Aberto está de aniversario. Dous días despois de que Manuel Fraga cumprise 89, Xornal Aberto cumpre 6 anos de vida. Hoxe, de feito, tiña pensado escribir sobre a inauguración da nova Avenida Manuel Fraga na capital de Galiza, que está agora mesmo a desenvolverse en Santiago, pero en vez diso vou facer un pouco de autobombo colgando o primeiro post, que aló por novembro de 2005, inauguraba este blog. A entrada, como veredes, non ten moito sentido pero é a primeira que subín e ahí reside o seu encanto (foto no leva, claro está).

E coma homenaxe nada mellor que Carlos Gardel e o seu Volver...Xa sabedes, 6 anos non son nada....



Novembro 25, 2005

CREACIÓN DUN BLOG

Todo o mundo fala dos blogs e do divertido que é dar a túa propia opinión sobre determinados temas e, ademais, facela pública dalgún xeito. Todo isto está moi ben pero ninguén fala da dificultade que ten, para un tipo coma min que non controla un carallo de informática, tratar de poñer en marcha un, sen a axuda dos amigos e coñecidos.

En primeiro lugar, non son capaz de lograr que os apuntes que aparecen no blog (por suposto en inglés) muden por textos en galego, tampouco sei como subir fotos, etc, etc...En fin que vai a ser complicado que sace esto adiante (ou polo menos dilatado no tempo). Xa veremo.


2 Respostas ata o de agora.

  1. Frantxu dí:

    Parabens, amigos de Xornal Aberto, 6 anos xa... quen chegara a eles escribindo coa vosa calidade e documentación. Vémonos.

  2. JLMejuto dí:

    Enhorabuena:
    Te deseo sigas otros seis años, para entonces te desearé otros seis más y así sucesivamente.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -