Publicado por : Adycto 23 de novembro de 2011


Non estou con moitas gañas de escribir sobre o tema pero a actualidade manda e non queda outra que tratar de facer un modesto análise dos resultados do 20N. Como todos sabemos a estas alturas do partido o PP conseguiu un espectaculares, que non sorprendentes, resultados electorais que fan que os populares (sempre me marabillou esta forma de referirse á dereita en España) obtiveran a maior acumulación de poder da democracia (local, autonómico e nacional).

Parece claro que a maior parte dos cidadáns pensa que sumarse ao cambio é o mellor xeito de loitar contra a crise que está a asolar España e a zona euro e, sen embargo, eu son dos que pensa que as medidas que, en principio, ten pensado tomar Madiano xa están amortizadas. Parece claro que o PP vai seguir apostando pola austeridade, polos recortes e polo xeito "sensato e, como Dios manda, de xestionar a crise"e, polo visto ata o de agora, ese non é o camiño xa que, estas medidas, o que están a face é contraer a economía e evitar o seu crecemento, coa consecuencia evidente de non mellorar as cifras de desemprego (principal problema da crise en España) e de evitar tamén o fluxo do creto (se cadra o outro gran problema da economía no Estado). Podería explicar aquí, largo e tendido, cal pode ser a alternativa a estas políticas económicas "liberais" que propugnan PP e PSOE -estes últimos din outras cousas pero logo aplican as mesmas receitas- pero como sei que os nosos lectores son xente concienciada e avezada prefiro deixar un enlace ao libro de Vincenç Navarro, Juan Torres López e Alberto Garzón, "Hay Alternativas" .

Dicíame o outro día un colega, que presenciou conmigo os primeiros momentos da revolución azul que tivo lugar o pasado domingo, que comentarios como os que acabo de realizar poden entenderse como "todos os que votaron ao PP son imbéciles". E non é certo. Eu comprendo que "os ricos" voten aos populares -entendendo o concepto "os ricos" de xeito amplo- pero o que non podo entender é que aqueles que máis están sufrindo a crise, véxase hipotecados que non chegan a fin de mes, parados, etc, podan pensar que a alternativa aos seus sufrimentos vai chegar da mán de recetas económicas manifestamente fracasadas. E o dice unha persoa con emprego, sen hipoteca e sen fillos.

E que nos ven por diante agora? Pois non o sei, a verdade, pero podo especular. Eu imaxino unha España, aló polo comenzos do ano 2013, cunha prima de risco disparada, cun pé fora do Euro e, o que é peor, coas rúas tomadas por todos aqueles que xa non teñen nada que perder, que van ser todavía máis dos que agora son-por desgraza-. Neses comezos de 2013, cun Madiano arrasado pola crise e cun goberno de tecnócratas (outra solución absurda á crise da que doutro día falaremos), a presidenta real de España -Merkozy- seguirá pedindo cousas a España que esta non poderá cumprir e, namentres, o seguinte salvador liberal de España -Aznar, por exemplo- estará tomando posicións electorais -se é que de aquela aínda hai eleccións- para facerse co poder.

Non sei o que virá pero si sei que as medidas que pretenden aplicarlle á Economía do Estado son incompatibles coa vida das xentes. Eu, e espero que moitos coma min, non estou disposto a que para salir da crise teñamos que deixar atrás a centos de miles -senón millóns- de cidadáns na cuneta. Eu, e espero que moitos coma min, non estou disposto a que a crise convirta a España nun obxecto de subasta para que os #malditosmercados puxen por ela. Eu, e espero que moitos coma min, non estou disposto a renunciar a invertir en Educación -único camiño real para sair da crise sen sair do sistema- e a que poñerse enfermo en España se convirta nun problema para as economías familiares. En resumo, non estou disposto a mirar para outro lado mentres unha crise sistémica do capitalismo arrasa con todo o conquerido con moitos anos de loita.

Aínda así, o único que me queda é seguir protestando, seguir escribindo, seguir tratando de formar conciencias -a primeira a miña- e seguir tratando de loitar para que os que cheguen tras de mi atopen, como fixo a xeración do meu pai conmigo, un mundo mellor no que vivir e non un mundo peor.

O 20N foi, simplemente, un paso máis cara ao Totalitarismo Económico ao que -se aínda non chegamos a el- nos diriximos de cabeza. Primeiro foron a polos hipotecados pero como eu non tiña hipoteca non dixen nada; logo foron a recortar as axudas aos desempregados, pero como eu tiña traballo non dixen nada; máis tarde foron a pola Educación pero como eu xa rematara os estudos non dixen nada; logo foron a pola Sanidade, pero como eu tiña un seguro privado non fixen nada;...ao final, cando viñeron a por min polo que dicía ou leía ou opinaba, xa no había ninguén para defenderme.

A imaxe que preside o post saqueina do blog de Humor Ireverente Flapa.

5 Respostas ata o de agora.

  1. JLMejuto dí:

    Tocas varios temas en este Post.
    Comento dos de los mismos:
    -La imagen refleja con exactitud quienes mandan realmente.
    -La razón de la gran cantidad de "alienados votantes" del PP, hay que buscarla en la eficacia del marketing político quien ha utilizado hasta la saciedad el desprestigio del rival sin preocuparse de explicar sus propuestas. Ejemplo: Las trágicas cifras del desempleo,constituyen el mayor regalo recibido por el PP para su campaña. Es paradógico que el partido "natural" del gran empresariado se aproveche del mayor fracaso del mismo, quien históricamente justificaba su existencia como el creador de empleo y bienestar.

  2. Adycto dí:

    Xa sabes...gústame moito falar de varias cousas á vez e utilizar á actualidade para falar das cousas que realmente importan, a pesares de que estas non estean na "axenda informativa" dos grandes medios!

  3. emigrante dí:

    De acuerdo en casi todo, excepto en eso de que "invertir es el único camino real para salir de la crisis". Coincidirás conmigo en que invertir en educación es un proyecto a muy largo plazo. Si contamos desde los cinco años hasta que el ciudadano esté preparado para ayudar en la economía se pasarán unos 20 años mínimo. Ahí o esto ya reventó o por vía de la coyuntura mundial ya salimos de la crisis.
    Las medidas a tomar para salir de una crisis no pueden ser a tan largo plazo, cinco años como mucho. Por que si no incluso tú mismo entrarías en contradicción con lo que tu visión de España para el 2013. En dos años no da para que una inversión en Educación surta tal efecto que nos pueda sacar de la crisis.
    Tú querrías decir que la Educación junto con la Sanidad y la Seguridad Pública son la base de una sociedad de bienestar, no? Pero medidas sociales en este momento no creo que nos saquen de la crisis. Muy al contrario.
    30.000 millones de euros invertidos en subvenciones varias en el área cultural. Y después se ahorran 5.000 millones recortando el salario a 7 millones de funcionarios, Olé los cojones de nuestros gestores!!!
    Qué coño, en época de crisis y subvencionando chorradas. Eso sí que nos va a sacar de la crisis.
    Yo desde la distancia he visto el despilfarro de algunos ministerios chorras que para poder gastar el presupuesto hicieron cosas que ni te imaginas. Es triste ver como se priorizó según qué ministerios y ver que LITERALMENTE nadan en la ABUNDANCIA mientras otros, realmente importantes, estamos mendigando hasta las grapas. Sí, las grapas! cuando los post-it pasaron a ser un artículo guardado bajo llave me empecé a preocupar. Mientras nosotros nos tenemos que turnar para utilizar los ordenadores (el que tengo ahora tiene más de diez años y hasta una hora y media después de encender no se puede utilizar) otros andan con portátiles , pantallas planas, cafetería, etc.
    A riesgo de parecer arrogante, humildemente pienso que mi trabajo para la economía del país es bastante más necesario que montar exposiciones fotográficas de ojos de vacas, joder.
    Perdón por el off-topic, pero si no explotaba.

    Un saludo.

  4. Frantxu dí:

    Muy de acuerdo con la reflexión final, y apunto algo:
    todo eso que comentas deberíamos empezar a practicarlo nosotros mismos para luego hacer fuerza y mentalizar a los que nos rodean (un estilo a la película "Cadena de Favores" pero en modo ideológico).
    Digo esto porque, independientemente de que yo tenga trabajo, tenga casa y no tenga niños, lo que diríamos hoy "la vida arreglada", no solo podemos pensar en nosotros, también tenemos pareja la cual no tiene porque trabajar en lo mismo que nosotros, padres o en casos abuelos, que son o algún día serán pensionistas; tenemos hermanos, primos o cuñados a los cuales afectan los contratos basura, los eres o los despidos en masa; tenemos amigos que habiendo acabado una carrera o un ciclo no pueden trabajar porque como medida de "austeridad" para más niños, este año tocan menos profesores (mejorar la educación no solo es cambiar el sistema de enseñanza, también es sacar más plazas para profesorado, material, actividades formativas y culturales y un largo etc.).
    Hoy mismo un amigo argumentaba que él votó a los POpularES para obrar un cambio, sin preocuparse de que el PP es el primer partido en España que gana unas elecciones sin un Programa Electoral claro y definido. Afirmó que a el le importaba un carajo lo que les pasara a sus padres o amigos... Con esto sobran explicaciones, no?
    Diría mi madre: Lo primero es ser persona, hay que ser humilde y NO HAGAS A NADIE LO QUE NO TE GUSTARÍA QUE TE HICIESEN A TI.
    Con esto cierro el anillo y vuelvo a tu reflexión final,
    COMPLETAMENTE DE ACUERDO, AMIGO.

  5. Adycto dí:

    Cando falo de inversión do Estado refÍrome a que, ante a parálise da economía, o Estado ten que facer que esta se mova contratando, facendo obras, facilitando credito real ás pymes a través do ICO, etc....Se o Estado só se preocupa de que o déficit vaia ben a economía española seguirá "constreñida" e, dese xeito, é imposible que o número de parados disminúa...é dificil explicalo nun post,....

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -