Publicado por : Adycto 27 de setembro de 2011


Hoxe inauguramos en Xornal Aberto unha nova sección titulada Prensa Seria. A partires de agora poderedes vela sempre na barra lateral dereita do blog e servirá para ir recollendo aqueles artigos da denominada "Prensa Seria" que digan cousas "curiosas". Dende Xornal Aberto temos creado unha conta en flickr (http://www.flickr.com/photos/xornalaberto/) e na galería da mesma iremos colgado, en formato foto (captura de pantalla, polo móvil, etc) aqueles artigos "curiosos" que cada día aparecen nos nosos xornais. A idea é que cando alguén vexa un destes artigos o convirta en imaxe e nolo faga chegar ao mail: xornalaberto@hotmail.com. Nos colgaremos aa imaxes que mandedes, e as que nos atopemos, para poder ir creando así unha "hemeroteca" dos horrores. Para que logo non podan dicir aquilo de "eu nunca tal dixen".

A primeira aportación, humilde, é un artigo de hoxe de Alfonso Ussía na Razón na que pon en cuestión a hixiene persoal da esquerda abertzale e do entorno Bildu...Cousas veredes!

2 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    acabo de mandarche un artigo da Gaceta que non ten desperdicio...

  2. Adycto dí:

    Xa está incorporada...

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -