Publicado por : Adycto
12 de setembro de 2011
Onte estaba a cear cunha boa amiga mentres na Sexta estaban a dar unha reportaxe sobre os atentados do 11 S do 2001 en Nova Yorke. Falamos das cousas típicas, que onde estabamos, que con quen, que que fixemos e todas estas cousas. Tamén falamos das moitas versións que sobre os feitos circulan, así como da peli de Michael Moore sobre o tema....No medio da conversa esta amiga faloume dun tema musical que, en cinco minutiños de nada, da unha visión xeral de moitas das teorías que hai sobre os feitos. Creo que é interesante darlle unha ollada dez anos despois de que aconteceran o feitos así que o deixo para que o vexades.
Como siempre, genial. Muy bueno el vídeo, compañeros.