Publicado por : Adycto
1 de xuño de 2011
Teño un pouco desatendido o blog porque, entre o curro e acudir todos os días a Praza do Obradoiro a aportar o meu pequeno grao de area ao movemento 15 M, tampouco teño moito tempo. En todo caso deixo aquí colgado o video realizado pola xente da Acampadaobradoiro sobre o feito de que o concello balou todo o entorno do Pazo de Raxoi. Os políticos responden ás preguntas...ou fan que responden.
Por certo, estas son as reivindicacións que, todos os días antes de empezar a Asamblea ou o Micro Aberto, se leen ante a xente para saber por que estamos aquí concentrados. Algo do que se dí é malo?
1. ELIMINACIÓN DOS PRIVILEXIOS DA CLASE POLÍTICA:
· Control estrito do absentismo dos cargos electos nos seus respectivos postos. Sancións específicas por deixación de funcións.
· Supresión dos privilexios no pago de impostos, os anos de cotización e o montante das pensións. Equiparación do salario dos representantes electos ao salario medio español máis as dietas necesarias indispensábeis para o exercicio das súas funcións.
· Eliminación da inmunidade asociada ao cargo. Imprescriptibilidade dos delitos de corrupción.
· Publicación obrigatoria do patrimonio de tódolos cargos públicos.
· Redución dos cargos de ceibe designación.
2. CONTRA O DESEMPREGO:
· Reparto do traballo fomentando as reducións de xornada e a conciliación laboral ata rematar co desemprego estrutural (é dicir, ata que o desemprego descenda por baixo do 5%).
· Xubilación aos 65 e ningún aumento da idade de xubilación ata rematar co o desemprego xuvenil.
· Bonificacións para aquelas empresas con menos dun 10% de contratación temporal.
· Seguridade no emprego: imposibilidade de despidos colectivos ou por causas obxectivas nas grandes empresas mentres haxa beneficios, fiscalización ás grandes empresas para asegurar que non cobren con traballadores/as temporais empregos que poderían ser fixos.
· Restablecemento do subsidio de 426€ para tódol@s parad@s de longa duración.
3. DEREITO Á VIVENDA:
· Expropiación polo Estado das vivendas construídas en stock que non se venderan para colocalas no mercado en réxime de aluguer protexido.
· Axudas ao aluguer para xoves e todas aquelas persoas de baixos recursos.
· Que se permita a dación en pago das vivendas para cancelar as hipotecas.
4. SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE:
· Supresión de gastos inútiles nas Administracións Públicas e establecemento dun control independente de orzamentos e gastos.
· Contratación de persoal sanitario ata acabar coas listaxes de espera.
· Contratación de profesorado para garantizar a ratio de alunado por aula, os grupos de desdobramento e os grupos de apoio.
· Redución do custo de matrícula en toda a educación universitaria, equiparando o prezo dos posgraos ao dos graos.
· Financiamento público da investigación para garantizar a súa independenza.
· Transporte público barato, de calidade e ecoloxicamente sostible: restablecemento dos trens que se están substituíndo polo AVE cos prezos orixinarios, abaratamento dos abonos de transporte, restrición do tráfico rodado privado no centro das cidades, construción de carrís bici.
· Recursos sociais locais: aplicación efectiva da Lei de Dependencia, redes de coidadores/as locais municipais, servizos locais de mediación y tutelaxe.
5. CONTROL DAS ENTIDADES BANCARIAS:
· Proibición de calquer tipo de rescate o inxeción de capital a entidades bancarias: aquelas entidades en dificultades deben quebrar ou ser nacionalizadas para constituír una banca pública baixo control social.
· Elevación de los impuestos a la banca de manera directamente proporcional al gasto social ocasionado por la crisis generada por su mala gestión.
· Devolución ás arcas públicas por parte dos bancos de todo capital público aportado.
· Proibición de inversión de bancos españois en paraísos fiscais.
· Regulación de sancións aos movementos especulativos e á mala praxe bancaria.
6. FISCALIDADE:
· Aumento do tipo impositivo ás grandes fortunas e entidades bancarias.
· Eliminación das SICAV.
· Recuperación do Imposto sobre o Patrimonio.
· Control real e efectivo do fraude fiscal e da fuga de capitais a paraísos fiscais.
· Promoción a nivel internacional da adopción dunha taxa ás transacións internacionais (taxa Tobin).
7. LIBERDADES CIDADÁS E DEMOCRACIA PARTICIPATIVA:
· Non ao control de internet. Abolición da Lei Sinde.
· Proteción da liberdade de información e do xornalismo de investigación.
· Referendos obrigatorios e vinculantes para as cuestións de gran calado que modifican as condicións de vida da cidadanía.
· Referendos obrigatorios para toda introdución de medidas ditadas dende a Unión Europea.
· Modificación da Lei Electoral para garantizar un sistema autenticamente representativo e proporcional que non discrimine a ningunha forza política nin vontade social, onde o voto en branco e o voto nulo tamén teñan a súa representación no lexislativo.
· Independenza do Poder Xudicial: reforma da figura do Ministerio Fiscal para garantizar a súa independenza, non ao nomeamento de membros do Tribunal Constitucional e do Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do Poder Executivo.
· Establecimento de mecanismos efectivos que garanticen na democracia interna nos partidos políticos.
8. REDUCIÓN DO GASTO MILITAR
Non estou dacordo co derradeiro punto, polas razóns que xa coñeces. Ademáis paréceme demagóxico, coma un engadido de derradeira hora. Podían por "a paz no mundo" coma nos concursos de misses e tería o mesmo efecto. Polo resto, meu total respaldo ás concentracións, xa era hora. Agora só resta que o movemento non se perverta adoitando unha determinada cor política e que se sustraia á influencia dos autodenominados "antisistema". Na miña opinión, habería que plantearse chegados a este punto con fomentar a participación a través da rede e outros canles, e co tempo e o inevitable abandono da acampada levar a cabo concentracións periódicas, é dicir, baixar un grao a intensidade aparente da protesta mentras o movemento se fortalece internamente, adoita uns canles de funcionamento e planifica as súas seguintes medidas de presión. O contrario implica ir esmorecendo pouco a pouco.
Da acordó no q propos...canto ao non estar de acordo con algún dos puntos creo q iso e unha das principias características de todos os q apoiamos este movimiento....afondar no q nos une e non no q nos separa!