Poco mais podo dicir....o meu apoio TOTAL a esta pequena revolución que parece que esta a nacer no noso país e espero que tamen Nas nosas conciencias.
Este é o seu manifesto básico....
QUEN SOMOS
Somos persoas que vimos de forma libre e pola nosa propia vontade, que despois da manifestación decidimos reunirnos para seguir reivindicando a dignidade e a conciencia política e social. Non representamos a ningún partido ou asociación. Únenos unha vocación de cambio, estamos aquí por dignidade e solidaridade polos que non poden estar aquí.
POR QUE ESTAMOS AQUÍ
Estamos aquí porque queremos unha sociedade nova, que lle de prioridade a vida por riba dos intereses económicos e políticos.
Abogamos por un cambio na sociedade e na conciencia social.
Demostrar que a sociedade non está durmida, seguiremos loitando polo que merecemos pola vií pacifica.
Apoiamos aos compañeiros que detiveron trala manifestación, e pedimos a sua posta en liberdade sen cargos.
Querémolo todo, querémolo agora, se estás de acordo connosco, únete.
Publicar un comentario