Publicado por : Adycto 23 de febreiro de 2011

Hoxe cúmprense anos do intento de pronunciamento de Tejero e como está case que todo dito sobre o tema o único que imos facer e deixar colgadas neste enlace as actas do Congreso dos Deputados de tan histórico día e, ao tempo, facer unha pequena reflexión sobre o feito de que, en España, son mais as lembranzas, documentais, crónicas, ...que se fan do 23 F que do 6 D. Se cadra esta costume de lembrar mais as cousas malas que as boas é algo propio dos españois pero, a verdade, sempre me pareceu curioso.

E como estamos a falar de España e o que escribe, ademais, está a ler a última novela de Arturo Pérez-Reverte (El Asedio) nada mellor que aproveitar a oportunidade e botar unhas risas co "Celebritis" que os rapaces de Muchachada Nui dedicáronlle ao creador do Capitán Alatriste. A verdade é que Reverte xera en min un compendio de sensacións que ningún outro escritor consegue. Por un lado gústame como escribe e por outro sinto un profundo noxo cara a meirande parte das cousas que dí. De feito gustaríame moito que non me gustasen os seus libros pero, contra a miña razón, os seus libros fanme pasar sempre moi bos ratos.

Desfrute da parodia porque, se sodes coma min e non aguantades a Reverte, ides desfrutar moito co video.

3 Respostas ata o de agora.

  1. A min tamén me pasa algo parecido con Pérez Reverte... Arrrggg

  2. isa dí:

    Esta discusión na vou gañar nunca pero non me canso, xa o sabes, non me gusta non, non e non. Non compensa ler casi 800 páxinas, ainda que as persoaxes estean curradísimas, para quedar con cara de parvo. Escribe ben, sí, pero a sua prepotencia asoma sempre.
    Está vetado.
    P.D. qué grandes as celéeeeeeeeeeebrities
    Bicos

  3. Adycto dí:

    Pois nada.....todos mais ou menos de acordo....algúns gustamos máis de como escribe reverte que outros pero creo que, en todo caso, a todos nos cae un pouco mal....

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -