Publicado por : Adycto 11 de xaneiro de 2011


Hoxe Compostela estará ateigada de persoeiros de sona e renome. Estará o principijo e a súa dona, diferentes políticos de todo tipo e pelaxe, xentes da cultura, o presidente Feijoó e todo o seu equipo, Pérez Varela, Fraga, etc, etc, etc. E estarán en Compostela porque hoxe inaugúrase o 33 % dun complexo arquitectónico que segundo Fraga (o auténtico ideólogo desta faraónica obra) ía ser un motivo de orgullo para Galicia e un foco de atención turística equiparable á catedral compostelá e non sei cantas cousas máis.

Dez anos despois do inicio das obras, cunhas medidas dun 112 % máis do declarado no seu día á Inspección Medioambiental, cun coste final para os galegos todavía sen aclarar pero que seguro que case que quintuplicará os 108 millóns de euros inicialmente previstos, con edificios todavía en fase embrionaria, sen data definitiva para o remate das obras (falan do 2015), sen un "plan" para os contidos que van encher o complexo, con edificios todavía por definir nos seus obxectivos, sen un plan de negocio, etc, etc, etc.

Poderíamos estar así días. Poderíamos falar de que poderíamos facer os galegos cos perto de 85.000 millóns de pesetas que acabará costando a Pista de Esquí. Poderíamos falar de canto nos vai a supor dotar ao complexo dunha programación cultural estable. Poderíamos falar de cantos nos vai a supor, cada ano, pagar o mantenemento, a seguridade, etc, etc, etc.

Poderíamos dicir moitas cousas pero se queredes saber máis sobre o tema só tedes que ler o artigo que M. Cheda publica hoxe na Voz de Galicia. Levo tempo co tema da Estación de Esquí en Xornal Aberto pero Cheda leva máis na Voz denunciando todas e cadaunha das barbaridades que se están a cometer ao redor desta construcción.

PD: E por moito que hoxe os do BNG non vaian a inauguración da Estación de Esquí hai que lembrar que foi unha nacionalista, a conselleira de cultura Ánxela Bugallo, a que liderou o proxecto durante o periodo 2005-2009 de goberno bipartito. Periodo no que, por outro lado, tampouco ninguén atopou unha solución a esta barbaridade que hoxe se inaugura.

2 Respostas ata o de agora.

  1. JLMejuto dí:

    Hace algunos años, todavía estaba yo en activo laboralmente, tuve que ir por motivos profesionales a Galicia y pasé en coche cerca de esa obra que ya mostraba la estructura de la fotografía. Pregunté por ella al colega que me acompañaba y no supo bien que decirme.
    Ahora me doy por contestado. Gracias

  2. Anónimo dí:

    Ojalá fuese una estación de esquí de verdad!!!

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -